Corpus Christi - Fiesta de la Coca
Redondela (Santiago)36800 RedondelaPontevedra
A cultura e a tradición, o relixioso e o pagán, o baile e a procesión, a gabacha e a coca, son contrastes que forman parte do peculiar e emblemático Corpus Christi de Redondela.
O Corpus Christi celébrase dende o ano 1482, e conta a lenda que un día de Corpus durante a procesión apareceu a coca qaue vivía nos mares de San Simón, que atacaba e devoraba ás mozas da vila sen que ninguén puidese impedilo.
Tras unirse un grupo dos máis fortes homes da vila, decidiron acometer ó dragón asasino. Cando por fín conseguiron darlle a morte, celebrárono cunha procesión, onde as mozas que eran atacadas pola Coca, danzaban con nenas nos seus hombros creando así as penlas.
Esas danzas, a Danza das Espadas e a Danza das Penlas, repetíronse cada ano nas festas máis solemnes da vila, durante a celebración do Corpus Christi.
En 2001 recibiron o recoñecemento de interés turístico galego

Servizos
- Punto de información: Sí
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Orixe e historia Conta a lenda que hai séculos vivía preto de Redondela un dragón que de cando en vez chegaba á vila para levar unha moza para a súa cova. Isto fíxoo varias veces, ata que os mozos mariñeiros se armaron de coraxe e un día acordaron encararse ó monstro. Así o fixeron e despois dunha dura loita saíron vitoriosos. Xa vencido trouxérono ó pobo, ó tempo que liberaron ás mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dese os seus últimos suspiros, cando os valentes rapaces, colléndose das espadas uns a outros, empezaron a bailar ó redor do dragón morto. Así é como naceu a Danza das Espadas e as Penlas, onde os mariñeiros, coas súas espadas, celebran a súa vitoria mentres as Penlas, vestidas de anxos e sobre as súas burras, dan grazas ó pobo por seren rescatadas Itinerarios e eventos principais durante a súa realización As súas tradicionais alfombras florais que se colocan a noite anterior ós días grandes, e adornan o centro e a zona antiga de Redondela, e que se destrúen ó paso da procesión da Virxe Gabacha. Con todo, o máis esperado e importante é a danza das espadas e as penlas, os xoves e domingos pola mañá, despois da procesión, e o tradicional paseo da Coca polas rúas- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Redondela
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 01/06/2019
- Data ata: 02/06/2019
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí