Pazo de Cuco-Ruxo ó Pazo de Ribeira y Salgado
A MiñoteiraValeixe (Santa Cristina)36883 A CañizaPontevedra
En 1737, o matrimonio formado por José Alvarez e Teresa de Cuevas fundou o vínculo e mayorazgo do chamado Pumar de Cuco-Ruxo. Así o confirma, en outubro de 1763, o tenente de infantería do Rexemento das Milicias de Tui, Mauricio Antonio Rivera, primeiro chamado na sucesión do mesmo, quen non só restaura as propiedades que acha en estado ruinoso ó seu regreso das campañas contra os portugueses, senón que as acrecenta de forma importante despois de conseguir que se tomase razón e recoñecemento pericial tanto dos bens mobles como das raíces. A actual casa solariega é unha edificación relativamente recente e integrada no antigo mayorazgo do Cuco-Ruxo, ó que chegaron a estar vinculadas ata tres casas. Este Pazo réune as comodidades dunha construción moderna; a súa planta en escuadra organízase en dúas alturas, non faltando a clásica torre que, coroada por almenaxe, ocupa un dos ángulos.Fachada xenerosa en xanelas polas que penetra a luminosidade reflectida do amplo val que se pode admirar, desde o balcón constituído en privilexiado miradoiro. Pechan o edificio, polos seus lados norte e leste, dependencias secundarias que orixinan un patio pechado, moi acolledor, ó que se accede a través dunha entrada practicada na fachada da casa, a modo de profundo portalón adintelado, embelecido na súa fronte por molduras neoclásicas da época
Servizos
Descrición de equipamentos e outros servizos Ó ser propiedade privada non se ofrece ningún tipo de servizoCaracterísticas
- Propiedad: Privada
- Estilo Arquitectónico: Moderno
- En uso: Sí
- Cronoloxía: S. XVIII
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Rural
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí