Rutas en moto por As Rías Baixas
Buscador

Publicador de contidos Publicador de contidos

Nesta guía presentámosche catro rutas deseñadas para descubrir As Rías Baixas en moto. Da Guarda a Catoira, de Baiona a Pontevedra, da Cañiza á Guarda e de Silleda a Pontevedra poderás percorrer a costa atlántica de punta a punta e descubrir as súas paisaxes urbanas e naturais ao teu ritmo. En cada unha das rutas indicámosche as principais estradas que deberás tomar, con traxectos variables que van desde os 62 aos 165 quilómetros. Así mesmo, propoñémosche diferentes visitas e paseos para que poidas alongar a viaxe tanto como desexes. Podémosche asegurar que a experiencia de coñecer As Rías Baixas sobre dúas rodas te conquistará e, quen sabe, quizais sexa a viaxe que sempre soñaches.

Publicador de contidos Publicador de contidos

  • Rutas en moto

    A viaxe que sempre soñaches

    Imagen folleto
    Din que quen o proba está condenado. Que unha vez que fas a túa primeira viaxe en moto, non volves ser o mesmo.
    fr en Outros idiomas: Icono idiomas