Rutas en moto por As Rías Baixas
Buscador

Antes de saír

As viaxes longas en moto requiren dunha coidada preparación. A continuación, recomendámosche unha serie de pautas que deberás seguir:

  • Faille unha boa revisión á túa moto antes de lanzarte á estrada; así poderás evitar imprevistos
  • Organiza a equipaxe con antelación; pensa detalladamente todo o que che pode facer falta. A nosa recomendación é que sexa unha equipaxe lixeira e vaia ben suxeita para evitar accidentes
  • Non esquezas levar os documentos persoais e do vehículo
  • Non improvises máis da conta; tenta planificar todas as rutas e distancias, e asegúrate do estado das estradas e peaxes
  • Moi importante: verifica onde se atopan exactamente as estacións de servizo polas que pasarás e, se é posible, márcaas nun mapa

Durante a viaxe

Ademais de gozar das paisaxes, ten en conta varias cousas:

  • Aínda que queiras desconectar, mantén unha comunicación permanente con amigos e familiares para que coñezan a túa ruta e poidan localizarte se xorde algunha emerxencia
  • Respecta sempre os sinais de tráfico
  • Respecta os límites de velocidade
  • Respecta a distancia de seguridade
  • Se estás canso fai unha parada para estirar as pernas, comer e repoñer forzas
  • Recomendámosche que pares e descanses cada 2 horas de condución