Rutas en moto por As Rías Baixas
Buscador
66,6 km aprox.

 InicioInicio: A Cañiza  

Desde o nacemento do río Miño ata a súa desembocadura sucédense incribles paisaxes. Trátase dunha contorna natural única salpicada dunha riqueza patrimonial incalculable. Partirás desde A Cañiza, onde poderás visitar o famoso santuario de Santa María da Franqueira, cun gran número de fieis. A partir de aquí descubrirás unha ruta na que o patrimonio histórico das Rías Baixas é o protagonista. 

A Cañiza
A Cañiza

InicioParada: Arbo 

A primeira parada é Arbo, un municipio interior coñecido como a capital mundial da lamprea. Este aclamado peixe de forma alongada ten fama de exquisito manxar e é autóctono da zona. Tamén é coñecido por ser pescado de maneira tradicional coas pesqueiras, construcións que funcionan como obstáculos perpendiculares á corrente do río que as lampreas non conseguen salvar. Descobre en primeira persoa a maxia desta pesca tan ancestral visitando unha destas pesqueiras e, como non, anímate a probar este delicioso prato! Desde A Cañiza podes chegar a Arbo pola EP-5003. 

Arbo
Arbo

InicioParada: Salvaterra de Miño

Abandona Arbo e diríxete a Salvaterra de Miño a través da PO-400. Esta localidade reborda historia a cada paso e poderás admirar desde o primeiro instante o seu imperecedoiro esplendor. O recinto amurallado é unha construción orixinaria da Idade Media conformada por unha envexable atalaia sobre o río Miño. A súa historia está intimamente ligada a unha serie de acontecementos que dan nome a algunha das súas estancias máis características, coma a presenza de Dona Urraca ou de Pedro Álvarez de Soutomaior, alias Pedro Madruga. O conxunto histórico que constitúe a antiga fortaleza de Salvaterra de Miño foi declarado Ben de Interese Cultural en 1949. 

Salvaterra do Miño
Salvaterra do Miño

InicioParada: Tui  

Se volvemos tomar a PO-404 chegamos a Tui, unha pequena localidade situada a uns 25 minutos de Salvaterra e coñecida por ser unha peculiar urbe medieval. Declarada conxunto histórico-artístico, a cidade levántase nun pronunciado promontorio coroado pola catedral, desde onde parte un complexo labirinto de rúas con soportais que se estenden ata o río Miño. A catedral é unha construción de estilo románico e oxival na que se atopa o Museo Catedralicio. Outros referentes culturais son o convento das Encerradas e a capela de San Telmo. 

Tui
Tui

Punto de interésPunto de interese: Goián  

Goián é unha parroquia do municipio de Tomiño á que podes chegar pola PO-552. Debes visitar a súa impresionante fortaleza militar, tamén coñecida como forte de San Lourenzo, un sistema que enfronta dúas poboacións de diferentes países. Foi construída tras a Guerra de Restauración, en 1668, ante un posible conflito con Portugal, e hoxe é un dos puntos máis visitados desta zona. 

Goián
Goián

Ademais! Goián dispón dunha pequena praia fluvial co mesmo nome, na que te podes refrescar e contemplar a fermosa paisaxe que debuxa o río Miño. 

InicioÚltima parada: A Guarda  

A última parada desta ruta é A Guarda. Para chegar toma novamente a PO-552 e goza da paisaxe do río Miño ata chegar ao Atlántico. Unha vez na Guarda, é hora de visitar Santa Trega, un poboado castrexo-romano que data do s. IV a. C. e conta con máis de 700 metros de extensión, o que o converte nun dos maiores castros atopados en terras galegas. En 2015 e 2016 realizáronse importantes descubrimentos neste xacemento, coma unha cabeza pétrea, ánforas romanas, lucernas romanas, pezas de terra sigillata, fragmentos de labras decoradas e máis de 42.500 pezas de elementos pétreos. Santa Trega é, sen dúbida, un dos legados patrimoniais máis importantes das Rías Baixas e de Galicia.

A Guarda
Santa Trega