O lado chic das Rías Baixas, segundo Fiona Ferrer
A paisaxe incomparable da provincia de Pontevedra é o destino escollido pola coñecida e televisiva influencer e experta en moda Fiona Ferrer para vivir unha das mellores viaxes a Galicia da súa vida.
Fiona Ferrer asume así o reto de descubrir o lado máis estiloso e glamuroso das Rías Baixas nunha aventura que a levará a percorrer varias localidades pontevedresas durante catro días e tres noites o mellor do noso patrimonio e gastronomía.
O vídeo resultante do seu paso polas Rías Baixas participará no Premio Viajeiro Amex, no que seis bloggers vivirán experiencias turísticas en seis destinos da xeografía española e competirán por facerse co galardón. Esta será unha oportunidade, como destacou esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de buscar "un turismo de calidade e o posicionamento da provincia de Pontevedra como destino de excelencia".
O obxectivo desta escapada con encanto a Pontevedra na que se embarca a empresaria non é outro que a visita ás paraxes máis belas, entre as que sen dúbida se atopan as impresionantes paisaxes naturais e urbanos que caracterizan esta provincia gallega. Seguro que a estilista gozará dunha das súas viaxes máis memorables nas Rías Baixas, un máxico territorio cheo de propostas atractivas que deixan pegada.
Pontevedra, unha provincia de ilusión
A maxestosidade do castelo de Soutomaior, o histórico centro urbano de Tui presidido pola súa solemne catedral, as relaxantes propostas termais de Cuntis, a riqueza patrimonial e gastronómica de Lalín ou Cambados e as belas postas de sol das paradisíacas praias do Grove, Sanxenxo ou Baiona son algúns dos plans irresistibles da provincia de Pontevedra entre os que terá que escoller a influencer para vivir un ilusionante fin de semana en Galicia.
Fiona Ferrer, coñecida tanto pola súa faceta de blogger e empresaria de moda como de asesora de imaxe nun coñecido programa televisivo, dará conta do seu periplo polas nosas terras a través das súas contas en Facebook, Instagram e Twitter. Tamén a través das redes sociais de Turismo Rías Baixas poderanse coñecer durante todo o fin de semana as aventuras desta muller de bandeira disposta a embriagarse coa riqueza paisaxística e gastronómica dos pobos das nosas terras.