Obradoiro de fotografía para instagramers en Vigo
No mundo da mercadotecnia turística, Instagram converteuse nunha plataforma en alza debido ao potencial do seu contido visual para conectar co público e para crear sensacións arredor do destino turístico. Para profundar no seu funcionamento, a Igers Academia, formada por usuarias e usuarios expertos de Instagram, ofrece o 20 de outubro en Vigo un obradoiro gratuíto.
Iniciación a Instagram, casos de boas e malas prácticas, edición de fotografía móbil e funcionamento da comunidade de instagramers son algúns dos contidos do obradoiro, que será impartido por Pablo David Martín, coordinador de @igersspain, e o fotógrafo Rodrigo Rivas.
O curso terá lugar o vindeiro venres a partir das 18 horas na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. A inscrición é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través do formulario de Igers Vigo.
A actividade formativa conta co apoio de Smart Peme, o servizo da Deputación de Pontevedra que presta apoio e asesoramento a empresas e persoas emprendedoras en materia de novas tecnoloxías e TIC. Na web de Smart Peme pódese acceder a algúns consellos para realizar co teléfono móbil fotografías destinadas ao comercio electrónico.