Fiestas en Rías Baixas

Q de calidade

¿Qué é “Q” de calidade turística?

Logo Q de Calidad

O “Q” de calidade turística é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria de servizos turísticos. Unha organización obtén o “Q” de calidade turística cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que esixe a súa norma correspondente.

Achégalles aos establecementos turísticos que o ostentan prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigor e promoción a través da Secretaría de Estado de Turismo e das comunidades autónomas.

Para obtelo é necesario implementar un sistema de xestión orientado ao servizo das súas persoas usuarias e á mellora continua. O obxectivo é asegurarlle á clientela a mellor experiencia turística posible na provincia de Pontevedra e en calquera recuncho de España.

Quen o outorga?

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) é o organismo responsable de valorar a calidade turística dos establecementos e outorgar a certificación “Q” de calidade turística. Esta entidade é privada, independente e recoñecida en todo o territorio nacional. Ten entre os seus obxectivos:

→ Normalización: a creación e o desenvolvemento das normas de calidade turística que conforman os estándares, así como as súas pertinentes revisións

→ Certificación: outorga a certificación de calidade “Q” a aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos para a implantación do sistema de calidade

→ Promoción: encárgase de darlle oficialmente publicidade á marca “Q” de calidade para que a clientela interesada a poida identificar con facilidade. Tamén promociona as empresas que xa contan co certificado de calidade turística dándolles maior visibilidade

→ Formación: ofrece formación especializada para facilitar o coñecemento sobre o sistema de calidade e a súa correcta implementación

Vantaxes da marca “Q” de calidade turística

Obter o “Q” de calidade permíteche diferenciarte da túa competencia cunha marca de garantía recoñecida e concedida unicamente a aquelas organizacións, públicas e privadas, que evidencian cumprir cunha serie de requisitos relativos á xestión, ao servizo e ás infraestruturas da organización.

A obtención da marca ofrece vantaxes nunha dobre dirección.

A nivel externo:

• É unha vantaxe competitiva

• Fortalece a imaxe corporativa da empresa de servizos turísticos ou do destino turístico 

• Supón ostentar un selo diferenciador fronte á clientela potencial 

A nivel interno:

• Mellora a xestión e a eficacia das actividades que se realizan

• Mellora o clima laboral e a lealdade das e os empregados

• Motiva o persoal

• Optimiza os recursos

• Establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización

Como se consegue?

O proceso de adhesión e certificación das entidades turísticas que desexen obter a marca de calidade efectúase da seguinte maneira:

1. Petición de adhesión. Enchemento dun cuestionario que recolle as características esenciais do establecemento.

2. Recepción polo establecemento ou pola entidade dun módulo composto pola norma de calidade do subsector ao que pertence e o cuestionario de autoavaliación.

3. Formación inicial sobre o lanzamento do proxecto, para a familiarización co contido da norma de calidade.

4. Autoavaliación do establecemento. Permite coñecer o seu estado fronte á norma.

5. Formación en ferramentas de calidade das persoas con responsabilidades na implantación do sistema.

6. Plans de mellora: documentación, implantación e ferramentas.

7. Solicitude de certificación.

8. Auditoría para a certificación e informe de auditoría.

9. Comité de certificación e seguimento do nivel de calidade.

10. Obtención do “Q” de calidade.

11. Auditorías de seguimento e renovación..

Quen poden lograr este selo?

o Hoteis e apartamentos turísticos

o Oficinas de turismo

o Axencias de viaxes 

o Restaurantes

o Rías e praias

o Apartamentos 

o Cámpings 

o Balneario

o Espazos naturais protexidos

o Portos deportivos

o Empresas de actividades de aventura, natureza ou deportivas 

o Empresas de transporte en autobús 

o Esparexemento 

o Instalacións náuticas

o Pensións 

o Aloxamentos de turismo rural

o Transportes turísticos

o Palacios de congresos 

o Campos de golf

o Estacións de esquí

o Formación e cualificación de guías de turismo

Empresas distinguidas