Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia Mundial Balonmano

As Rías Baixas convértese en capital do balonmán júnior

Vigo e Pontevedra acollen do 16 ao 28 de xullo as delegacións dos 24 países que compiten no Mundial Júnior de Balonmán 2019

O Mundial Júnior de Balonmán 2019 volve situar as Rías Baixas no mapa mundial do deporte. Un total de 24 seleccións viaxan cara a Vigo e Pontevedra para disputar o torneo do 16 ao 28 de xullo. Espérase a chegada de miles de persoas entre deportistas, persoal médico, da organización e familiares para arroupar as novas promesas.

A Deputación de Pontevedra, os concellos de Vigo e Pontevedra e a Federación Española de Balonmán colaboran na organización dun evento que volverá poñer sobre As Rías Baixas o foco de medios de todo o mundo. Os equipos de Croacia, Islandia, Serbia, Noruega, Suecia, Hungría, Xapón e USA, entre outros moitos, estarán presentes na competición.

O mundial, que regresa a Galicia tres décadas despois, é unha excelente oportunidade para que Pontevedra proxecte os seus grandes atractivos turísticos cara ao exterior. Un impresionante litoral, unha exuberante natureza, un rico patrimonio e paradisíacas praias configuran unha inmellorable oferta de lecer da que gozarán delegacións de medio mundo.

 

Semifinais en Pontevedra e final en Vigo

A cerimonia inaugural do campionato e o debut de España están previstas para o vindeiro martes 16 de xullo no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Este recinto tamén acollerá as dúas semifinais do torneo, mentres que a final, o 28 de xullo, se trasladará ao Pavillón das Travesas de Vigo.

Os prezos para asistir aos partidos oscilan entre os sete euros dos encontros da primeira fase e os 32 da gran final. Tamén se ofertan bonos para varias xornadas.

Toda a información relacionada coa competición deportiva e a adquisición de entradas está dispoñible na web Spain Handball 2019.

Visita a web de Turismo Rías Baixas para planificar escapadas durante a túa estancia ás impresionantes paisaxes do litoral das Rías Baixas.