Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Exposiciones camelia 2020 Rías Baixas

21 citas imprescindibles para gozar esta temporada da camelia nas Rías Baixas

Exposicións, xornadas internacionais, certames, torneos… O inverno trae numerosos eventos na provincia de Pontevedra en 2020 con esta bela flor como protagonista

A floración da camelia xa empezou e os xardíns e parques da provincia de Pontevedra énchense desta bela flor que inspirou a mademoiselle  Chanel e atopou nas Rías Baixas o seu segundo fogar. O calendario da Sociedade Española da Camelia inclúe 21 citas entre xaneiro e abril que non debedes perdervos para admirar as miles de variedades cromáticas de camelias que florecen neste territorio.

 

Camelia no Pazo da Saleta

 

Exposicións, certames, xornadas internacionais, memoriais, galas e torneos deportivos sucederanse nunha vintena de concellos da costa e do interior. Os primeiros eventos realizaranse no Baixo Miño e no Salnés  o 18 e 19 de xaneiro. Nesas datas terán lugar a V Mostra da Camelia Cidade de Tui e a segunda exposición en San Vicente do Mar (O Grove).

Moaña será a seguinte parada, o 25 e 26 de xaneiro, mentres que en febreiro haberá citas todas as fins de semana en distintos municipios. O día 29 e o 1 de marzo chega un importante evento, o LVI Concurso Exposición Internacional da Camelia en Vigo, e o mes pecharase con outro acontecemento especial, a IV Xornada Internacional da Camelia “Ven a comer a camelia” no Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia), un dos 14 lugares que forman parte da Ruta da Camelia na provincia de Pontevedra. Ata sete citas terán lugar en marzo.

En abril agardan outros tres eventos da camelia. O broche poñerao, os días 18 e 19, a III Mostra da Camelia de Lalín. Aquí podedes consultar o calendario íntegro:

Calendario de exposiciones de la camelia en Rías Baixas 2020