Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Las Rías Baixas un destino de calidad sustentable e internacional

As Rías Baixas, un destino de calidade, sustentable e internacional

Máis de 20,6 millóns de investimento e a posta en marcha dun plan estratéxico resumo a decidida aposta polo turismo da Deputación de Pontevedra en tres anos

Acto 3 años de gobierno de la Deputación de Pontevedra

A desestacionalización, a promoción vangardista, a internacionalización, a posta en valor do patrimonio e, sobre todo, a excelencia son os cimentos nos que se baseou a aposta do turismo da Deputación de Pontevedra no últimos tres anos.

Cun investimento de máis de 20,6 millóns de euros, a posta en marcha dun Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 marcou a folla de ruta dun novo modelo turístico que, segundo a súa presidenta, Carmela Silva, “converten ás Rías Baixas nun destino de calidade, sustentable e internacional”.

Nun acto de balance dos tres anos de Goberno da actual corporación, a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva destacou o seu obxectivo de construír “unha administración que transformase á provincia para que houbese máis equidade, máis servizos, máis futuro”, “un proxecto no que avanzamos moito”. Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera apostou “pola solvencia e a mirada ao futuro” para definir as liñas de actuación para a continuidade no bo camiño da institución.

Os castelos de Sobroso e Soutomaior, cun proxecto de musealización á altura dos mellores de Europa, son un espazo ideal para o público familiar

Inauguración musealización Castillo Soutomaior de Pontevedra

Un innovador proxecto de musealización, á altura dos mellores de Europa, é o que levou ao castelo de Soutomaior, xunto ao de Sobroso, a ser espazos ideais para o goce da cidadanía, especialmente do público familiar. Ademais esta estratexia inclúe a aposta polo turismo cultural, os xacementos arqueolóxicos e o Centro Provincial de Xestión e Coñecemento Arqueolóxico de Liñares e o fomento e profesionalización do sector, no que máis de 300 establecementos acreditaron xa a súa calidade.

A creación dunha rede de oficinas de turismo, o impulso dunha Mesa do Camiño para fomentar o turismo derivado do paso do Camiño de Santiago pola provincia de Pontevedra, a posta en marcha dunha rede de vilas termais e a reivindicación dunha marca, RíasBaixasFests, que xa é unha referencia nacional e internacional, son outras apostas que a institución provincial afrontou nestes tres anos de Goberno.

A campaña Somos Historias levou a promoción da provincia de Pontevedra a Madrid, Córdoba, FITUR, Porto, Lisboa e Braga e proximamente visitará Barcelona, Sevilla e Oviedo

Para impulsar o turismo de interior, apostouse, en palabras de Carmela Silva, “por un turismo sustentable, o que implica promover todo o territorio, todas as súas potencialidades gastronómicas, vitivinícolas, paisaxísticas, históricas, culturais, arqueolóxicas, de natureza, de saúde, deportivas e durante todo o ano”. E a promoción exterior coa campaña Somos Historias centrouse tanto en destinos nacionais como Madrid ou Córdoba, como internacionais, con presentacións en FITUR, Porto, Lisboa ou Braga, e próximos eventos en Barcelona, Sevilla e Oviedo.

En tres anos de Goberno a estratexia de turismo provincial da Deputación de Pontevedra tratou tamén de xerar actividades innovadoras de sensibilización local, como a ruta das camelias , un activo presente en toda a provincia e de múltiples aplicacións prácticas; a ruta das maceiras en flor, unha industria emerxente na Estrada; as proposta para afeccionadas e afeccionados á ornitoloxía e rutas de marisqueo para coñecer este apaixonante oficio con gran tradición nas Rías Baixas .