Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Contempla la lluvia de Perseidas desde las Rías Baixas

Contempla a choiva de Perseidas desde as Rías Baixas

Chega a cita anual para poder observar as bágoas de San Lorenzo no seu máximo esplendor do 11 ao 13 de agosto na provincia de Pontevedra

Perseidas, lluvia de estrellas en Pontevedra

A caída de meteoros convértese ano tras ano nunha data indispensable nos nosos calendarios. A choiva de Perseidas, que adoita producirse nas noites do 11 ao 13 de agosto, alcanza un ritmo máximo de ata 200 meteoros por hora. Este fenómeno, prodúcese cada vez que a terra pasa pola corrente que deixa o cometa 109P/Swift-Tuttle.

Este ano, a máxima actividade destes astros será entre as22:00 horas deste domingo, ata as 10:00 horas do luns 13. Ademais, as condicións de visibilidade deste marabilloso espectáculo luminoso da natureza serán perfectas, xa que as Perseidas coincidirán con Lúa Nova, polo que será moito máis fácil a observación destas estrelas fugaces.

Para poder gozar dunha noite ao aire libre contemplando o firmamento, é moi importante elixir o sitio onde visionar este fantástico acontecemento. Os montes, parques, praias e illas, é dicir, espazos naturais afastados da contaminación luminosa dos núcleos urbanos, son algúns dos mellores observatorios que nos ofrece a nosa natureza. Prepara a túa cámara, pensa nun desexo, e descobre algunhas das alternativas que te propoñemos para gozar deste marabilloso espectáculo astronómico nas Rías Baixas.

Observación Perseidas desde Illas Cíes en Pontevedra

Marabilla astronómica nas Illas atlánticas

Durante este fin de semana, coincidindo co máximo pico de actividade da choiva de Perseidas, haberá unha programación especial nas illas Cíes con actividades de astronomía e radioastronomía na Pedra da Campá a partir das 22:00 horas, un lugar extraordinario para a observación dos astros. Estas illas ademais, son un destino Starlight, é dicir, un dos mellores 13 lugares do mundo para a observación debido á ausencia de contaminación luminosa. Para acceder ás illas Cíes é preciso obter unha autorización previa.

Outra das opcións que ofrece o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , é a de visitar A Illa de Ons, un enclave ideal onde poder observar as estrelas e gozar dunha noite rodeado da natureza salvaxe da illa. Ademais destas propostas insulares, algunhas navieiras ofertan expedicións en barco para contemplar as Perseidas desde as Rías Baixas, con saídas desde o porto de Vigo, Cangas e Baiona.

Observación guiada en Forcarei

A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) ofrecerá este domingo a partir das 22:00 horas unha xornada nocturna para a observación das Perseidas na contorna do Observatorio Astronómico de Forcarei, no lugar das Casetas. Durante esta actividade, un experto ensinará ás e aos asistentes como orientarse no ceo para poder contemplar de forma adecuada este espectáculo ofrecido polo firmamento, e resolverá as dúbidas que expoñan as e os asistentes.

Unha cita cos astros en Cabo Udra (Bueu)

O museo Massó de Bueu organiza na xornada do sábado, ás 22:30 horas, unha observación nocturna con telescopios para contemplar o ceo, as Perseidas, a lúa, os satélites e os planetas desde unha paisaxe de fantasía, Cabo Udra. Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente no teléfono ou o correo electrónico do propio centro cultural. Ademais, para as e os participantes que o desexen, haberá un autobús que sairá as 22:15 horas desde o propio museo, no centro urbano da vila.

Observación de Perseidas, lluvia de estrellas desde O Castro, Vigo. Pontevedra

Música clásica para as Perseidas en Vigo…

Este sábado celebrarase no Monte do Castro (Vigo) unha velada especial para a observación da choiva de Perseidas, acompañada dunha das mellores propostas de música clásica da cidade.A Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá un concerto ás 21:30 horas na chaira de Las Anclas, no alto do parque, onde soarán os primeiros acordes de “Los Planetas”, a obra maxistral do músico británico Gustav Holst.

… E folk en Nigrán

A proposta de Nigrán , que arrincará esa mesma xornada ás 20:30 horas, fusiona música folk e gastronomía no mellor observatorio do municipio para contemplar as estrelas fugaces, Chandebrito. Este festival de folclore, “Chan de Folk”, forma parte do Programa Musigal financiado pola Deputación de Pontevedra.

Etiquetas: portada