Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Una feria medieval y tres danzas ancestrales para el septiembre ideal en As Rías Baixas

Unha feira medieval e tres danzas ancestrais para o setembro ideal nas Rías Baixas

A Feira Franca en Pontevedra, as Danzas Ancestrais de Darbo, a das Espadas en Marín e a Romaría da Virxe da Franqueira, citas obrigadas na provincia de Pontevedra

Despois de pasar o punto álxido dun magnifico verán nas Rías Baixas, o calendario de setembro aínda contén algunhas datas importantes que merecen ser celebradas. Durante este mes na provincia de Pontevedra celébranse catro festas declaradas de Interese Turístico de Galicia: a primeira, a Feira Franca en Pontevedra, á que seguen as tradicionais Danzas Ancestrais de Darbo (Cangas), a Romaría da Virxe da Franqueira (A Cañiza) e a Danza das Espadas en Marín (Pontevedra), como broche de ouro. Estas festas, que fusionan tradición, baile e música, son perfectas para gozar coas e os amigos ou en familia.

Feira Franca (Pontevedra, 31 de agosto – 1 de setembro)

Feira Franca, Fiesta medieval en Pontevedra

O primeiro fin de semana de setembro, a cidade de Pontevedra rende homenaxe, coa celebración dunha feira medieval, ao privilexio obtido no século XV polo rei Enrique IV dun mercado libre de impostos durante un mes. As rúas e prazas engalánanse con banderíns, escudos, pontes, arcos medievais e outros motivos, por onde miles de persoas trasládanse no tempo cinco séculos atrás con indumentarias da época.

Os banquetes medievais, e dúas citas como a do transporte do viño cun carro tirado por bois, ou o torneo medieval, forman parte do atractivo desta festa. Ademais, lévanse a cabo representacións de oficios como o de ferreiro, curtidor de peles, carpinteiro, texedora de liño ou as redeiras. As exhibicións de cetrería, tiro con arco, esgrima, danza e música medieval, os mercados medievais, ou os obradoiros e xogos para o goce do público infantil, forman parte desta viaxe cara ao medievo na provincia de Pontevedra.

Danzas Ancestrais de Darbo (Cangas, 6 – 9 de setembro)

Danzas ancestrales de Darbo en Cangas, Pontevedra

A parroquia de Darbo, na localidade mariñeira de Cangas do Morrazo celebra a súa festa máis esperada desde o 6 de setembro, coa lectura do pregón e posterior chupinazo, ata o día 9. A música dos pasacalles e das verbenas coa actuación de diversas orquestras será o acompañamento perfecto para esta festa que celebra o 8 de setembro o seu día grande, coa Danza e a Contradanza de Darbo. Este rito ancestral, en honra á patroa da parroquia, Santa María, está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos.

Nesta xornada, a misa solemne do mediodía e a procesión posterior, precederán a esta tradicional Danza e Contradanza de Darbo, representada por 10 galáns, 5 damas, un gaiteiro e un tamborilero, baixo o mando da ou do guía, e que se repetirá pola tarde, cunha duración de 45 minutos. Os Galáns van ataviados con traxe escuro, camisa branca e chapeu de feltro, cunha grande pluma no caso da ou do guía. As Damas visten enaguas, saias e camisas en branco, cun mandil negro bordado e un pano. Neste caso os seus chapeus son de palla e van adornados con todo tipo de composicións florais que alcanzan os 30 centímetros.

Romaría da Virxe da Franqueira (A Cañiza, 7 – 9 de setembro)

Romería de la Virgen da Franqueira en A Cañiza, Pontevedra

Esta festividade de Santa María da Franqueira celébrase na Cañiza do 7 ao 9 de setembro, sendo o día 8 a súa grande xornada coa esperada procesión, na que se levará a cabo o traslado da imaxe da Virxe nun carro de labranza tirado por bois. Preceden á efixie o pendón, a cruz parroquial e catro parellas das e dos mozos da parroquia, que máis tarde interpretarán as Danzas Brancas en honra á Virxe, unha representación de grande dificultade técnica e con rechamantes vestimentas.

Unha vez finalizados os bailes, chegase a quenda para a conmemoración do drama do mouro e o cristián. Segundo conta a lenda, estes dous personaxes históricos tiveron un enfrontamento, despois de ser capturado o cristián polo mouro. O primeiro deles non deixaba de encomendarse á Virxe da Franqueira, pois era veciño da zona, cousa que provocou o enfado do seu captador. A disputa acabou coa vitoria do cristián e como consecuencia, coa conversión á fe cristiá da súa antagonista. Finalmente, despois desta representación, a procesión completa o percorrido ao redor da igrexa.

Danza das Espadas (Marín, 29 – 30 de setembro)

Danza de las Espadas en Marín, Pontevedra

O último fin de semana de setembro a localidade pontevedresa de Marín celebra unha tradición con máis de catro séculos de historia, a Danza das Espadas, cita que as e os cidadáns celebran con grande fervor en honra a San Miguel.

Esta danza remóntase á creación da confraría de San Miguel, a mediados do século XVII, cuxos membros bailaban para render homenaxe ao santo, seguindo os acordes da música, da gaita e os tambores, como forma de agradecemento e buscando protección nas súas saídas ao mar. Na actualidade, esta coreografía, interpretada por homes, mulleres, nenos e nenas, é todo un símbolo desta vila de tradición mariñeira, e atrae cada ano por centos de persoas.

Etiquetas: portada