Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Cursos sobre nuevas tecnologías para el sector turístico con SmartPeme

Cursos sobre novas tecnoloxías para o sector turístico con SmartPeme

Xestión de redes sociais, creación de páxinas web ou estratexias de márketing forman parte da oferta do organismo da Deputación de Pontevedra para pequenas e medianas empresas

Cursos de turismo y nuevas tecnologías en Pontevedra

A iniciativa da Deputación de Pontevedra SmartPeme ofrecerá en setembro unha serie de obradoiros impartidos por expertas e expertos para empresarias e empresarios do sector turístico e outras actividades na provincia de Pontevedra.

A temática dos cursos céntrase principalmente na xestión de redes sociais, como Facebook ou Instagram, creación de páxinas web, asesoramento de estratexias de márketing, xenéricas e enfocadas tamén na próxima campaña do Nadal, ou en instruír ás e aos participantes en principios básicos de fotografía ou a análise de datos.

SmartPeme vai dirixido a autónomas e autónomos de pequenas e medianas empresas, un colectivo que engloba a máis de 64.000 compañías na provincia e que supón máis do 92 % do tecido empresarial. Este programa proponse entre outros obxectivos, potenciar o desenvolvemento económico, aumentar a produtividade e competitividade e introducir a innovación nas empresas da provincia de Pontevedra, utilizando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Obradoiros formativos na rede SmartPeme da provincia de Pontevedra

Dos 46 talleres que inclúe o programa de SmartPeme, hai algúns moi ligados ao sector turístico e que as empresas deste ámbito poderían empregar en maior medida. Este xoves será a quenda para a xestión de redes sociais con “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa”, en Cambados, que se impartirá tamén máis adiante en Pontevedra. Ademais nos obradoiros, as e os participantes aprenderán a utilizar outra das redes con maior volume de usuarias e usuarios, Facebook, nas citas de Cambados, Lalín e O Porriño.

A xornada de mañá día 6 tamén estará protagonizada polo curso “Plan de Márketing online para as empresas turísticas”, en Pontevedra, que chegará máis tarde a Vigo. As “Estratexias de márketing para a túa empresa turística”, chegarán a Ponteareas o 20 de setembro, e estas centraranse na campaña do Nadal nos cursos impartidos en Cambados, O Porriño, Ponteareas e Vigo. Tamén no Porriño, as e os asistentes aprenderán nun destes obradoiros a importancia da presenza online das empresas, ademais de como mellorar as súas sites, noutro, e posicionalas en buscadores, outro obradoiro que chegará tamén ao municipio de Cambados.

Ademais os cursos incluirán ferramentas complementarias tanto para a súa actividade en redes sociais como nas súas webs, relacionadas coa imaxe, a posición en buscadores ou a xestión de datos obtidos da súa actividade na rede. En Cambados, O Porriño, Ponteareas e Pontevedra, as persoas participantes aprenderán técnicas básicas sobre fotografía. Wordpress será a ferramenta utilizada para a creación de páxinas web nos obradoiros de Vigo e Lalín, municipio onde se impartirá tamén un curso para a interpretación e a análise de datos, Google Analytics.

A rede de puntos SmartPeme, onde se desenvolverán os cursos, distribúese por distintas localidades como Pontevedra; no Edificio Administrativo da Deputación (Gran Vía de Montero Ríos, s/n.), Lalín; no Viveiro de Empresas (Polígono Lalín 2000, parcela E), Cambados; no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n.), Vigo; na Sede da Deputación (Rúa O Porto, nº 3), Ponteareas; no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, nº 5) e O Porriño; no Multicentro do concello, (rúa Ribeira, s/n.). A duración destes obradoiros será de entre dous a tres horas e comezarán a partir de media tarde, para facilitar a asistencia.

Consulta a información completa dos cursos formativos SmartPeme con cada unha das datas e lugares onde desenvolverán a súa actividade.