Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - La igualdad y el medio ambiente suenan alto en los Rías Baixas Fest

A igualdade e o medio ambiente soan alto nos Rías Baixas Fest

A campaña “Conta Comigo” informou a 8.000 persoas nos festivais, e “Somos Sostibles” repartiu 11.150 ecocabichas xunto a outras 10.000 en praias e festas

Campaña sobre la Igualdad de la Deputación de Pontevedra

As dúas grandes campañas da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas nos sete Rías Baixas Fest, centradas na igualdade e o coidado do medio ambiente, superaron todas as expectativas de participación. A caseta de “Conta Comigo, eu respéctote”, dirixida a combater a violencia sexual, deu información a máis de 8.000 persoas, mentres que “Somos Historias, Somos Sostibles”, que conciencia sobre a recollida de cabichas e plásticos, repartiu 11.150 “ ecocabichas” nos sete eventos, aos que se suman outras 10.000 distribuídas en praias e festas.

“Conta Comigo, eu respéctote” dá continuidade á campaña de igualdade de 2017, denominada “Lembra: eu decido, ti respectas”. A Deputación instalou unha caseta nos sete #RíasBaixasFests, que se celebraron entre xullo e agosto en Caldas de Reis, Nigrán, A Illa de Arousa , Redondela, Bueu, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Das máis de 8.000 persoas atendidas o 60 % foron mulleres e o 40 % homes, segundo informou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao dar conta do resultado das dúas campañas. Estas, segundo avanzou, repetiranse en 2019 ante o seu grande acollida.

Plásticos e residuos de cigarros

Campaña Somos Sostibles de la Deputación de Pontevedra

“Somos Sostibles” tivo por obxecto concienciar e promover a reciclaxe de residuos, especialmente os plásticos e as cabichas. A campaña chegou aos #RíasBaixasFests, tres grandes festas, 10 praias e outros eventos da provincia de Pontevedra. Alí informouse a quen se achegaba á caseta e repartíronse “ecocabichas”, recipientes destinados á recollida destes restos. En conxunto distribuíronse 22.000 “ecocabichas”, máis de 11.000 nos festivais, 3.200 en festas, 5.600 nas praias e outras 3.000 en distintos eventos, explicou Carmela Silva. “Estamos a repartir outras 10.000 nas oficinas Rías Baixas e o material de concienciación tamén estará dispoñible nelas durante o mes de setembro”, engadiu.

A asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), a entidade que xestiona as Bandeiras Azuis, trasladou a súa felicitación á Deputación de Pontevedra por poñer en marcha esta campaña.

‘Somos historias. Somos sostibles’ repartiu 1.200 “ecocabichas” en PortAmérica, 1.000 en Vive Nigrán, 1.000 en Atlantic Fest, 700 en SinSal, 2.000 en SonRías Baixas, 2.500 en O Marisquiño e 2.750 en Revenidas. Ademais, 3.200 en festas: 1.500 na Festa do Albariño de Cambados, 1.000 nas Festas do Carme do Grove e 700 en Rapa das Bestas de Sabucedo. No caso das praias, 200 no Con (Moaña), 400 no Muíño (A Guarda), 100 en Aguete (Marín), 600 en Area da Secada (A Illa de Arousa), 1.000 en Patos (Nigrán), 500 en Portomaior (Bueu), 250 na praia fluvial da Barosa (Barro), 300 en Menduiña (Cangas), 250 na fluvial de Ponte Caldelas e 1.000 en Montalvo (Sanxenxo).

Etiquetas: portada