Fiestas en Rías Baixas
Atrás

As 55 bandeiras azuis que ondearán este verán nas praias das Rías Baixas

As 55 bandeiras azuis que ondearán este verán nas praias das Rías Baixas

O areal de Samil, en Vigo, logra o primeiro distintivo da súa historia

Bandera azul

A provincia de Pontevedra lidera a clasificación galega de praias con bandeiras azuis. Este verán serán un total de 55 os areais das Rías Baixas que lucirán este distintivo de calidade fronte aos 38 da Coruña e os 14 de Lugo. Os exames de calidade da auga, seguridade, dotación de servizos e accesibilidade volven situar Sanxenxo como o municipio español con máis bandeiras, alcanzando as catorce tras sumar nesta edición unha máis para Panadeira. A gran novidade de 2019 é que a praia urbana de Samil, en Vigo, obtén por primeira vez na súa historia esta distinción.

Na comarca do Salnés ondearán un total de 18 bandeiras azuis, O Morrazo logrou 17 e Vigo conserva as 16 de anos anteriores. O Baixo Miño queda coas dúas da Guarda e a comarca de Pontevedra logra dúas: unha para Cabeceira (Poio) e outra para a praia fluvial de Ponte Caldelas.

Relación completa de praias distinguidas na provincia de Pontevedra:

  • A Guarda: O Muíño e Area Grande
  • Baiona: Os Frades, A Barbeira, A Concheira, A Riveira e Santa Marta
  • Vigo: O Vao, Samil, Argazada, Rodas (Cíes), Figueiras (Cíes), A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, Canido e Fontaíña
  • Redondela: Praia de Cesantes (Dereita)
  • Moaña: Praia do Con
  • Cangas: Areabrava, Nerga, Menduíña, Melide, Areamilla, Liméns, Rodeira
  • Bueu: Lapamán, Area de Bon, Portomaior e Lagos
  • Marín: Aguete, Mogor, Portocelo, Loira e O Santo-Coviña
  • Poio: Cabeceira
  • Sanxenxo: Areas, Caneliñas, A Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Magor, Foxos-Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas-A Lapa, Pragueira, Baltar, Paxariñas e Panadeira
  • Vilagarcía de Arousa: Preguntoiro e Campanario
  • Illa de Arousa: Area da Secada e Bao (Camaxe)
  • Ponte Caldelas: praia fluvial da Calzada