Festivais Rías Baixas 2021

Co verán chegan os Festivais Rías Baixas, sete citas imprescindibles coa mellor música, lecer, deporte de acción e unha gastronomía de excelencia. Artistas consagrados e bandas emerxentes actúan en paraxes extraordinarias, riders e bikers fan malabarismos ante miles de persoas, chefs con Estrela Michelin cociñan en vivo para o público… Non os perdas!

Atlantic Fest

O Marisquiño

Sinsal

SonRías Baixas

Vive Nigrán

Revenidas

PortAmerica

Unha illa máxica. Unha carballeira na que soa a mellor música e grandes chefs que cociñan para o público. Catro vilas mariñeiras nas que recoñecidas bandas saltan ao escenario nunha atmosfera especial. E unha cidade, a maior de Galicia, que se transforma en capital do deporte extremo e da cultura urbana de Europa.

A que soa ben? Son os espléndidos Festivais Rías Baixas, un circuíto de festivais con ingredientes inconfundibles: a suma perfecta das e dos mellores artistas, unha gastronomía de excelente calidade co selo da provincia de Pontevedra, deporte e lecer. Todo isto co denominador común de organizarse en contornos privilexiados que conxugan a natureza coa esencia mariñeira deste territorio.

De xullo a outubro non hai tregua para a diversión, a acción, a música e os manxares elaborados cos produtos de calidade das Rías Baixas da man das e dos mellores chefs galegos e doutras latitudes.

Esperámoste nos Festivais Rías Baixas. Ven e vive unha experiencia única!

Webs oficiais: PortAmérica, Vive Nigrán, Atlantic Fest, Sinsal, SonRías Baixas, O Marisquiño, Revenidas.