Fiestas en Rías Baixas

Turismo activo

Deportes naúticos

Un mar de actividades

Submarinismo, caiac, flyboard… As Rías Baixas son unha potencia en especialidades marítimas

A orografía das tres rías de Pontevedra convérteas no escenario perfecto para a práctica dunha infinidade de actividades náuticas para todas as idades, gustos e épocas do ano. Tanto se che guste a tranquilidade como se che apaixona o risco atoparás alternativas e empresas cunha longa traxectoria para facer realidade calquera soño vinculado ao mar e ás súas profundidades. Cun total de 24 municipios costeiros, 398 quilómetros de litoral, unha trintena de portos deportivos e catro grandes ríos coma o Miño, o Lérez, o Verdugo e o Ulla, a provincia é unha potencia para a práctica dos deportes acuáticos.

Trátase de promover un turismo de calidade, que permita coñecer a costa desde outro punto de vista. Ademais, as boas condicións de navegabilidade e das Rías Baixas facilitan as incursións marítimas durante case todo o ano. Se o teu é navegar debes saber que Sanxenxo, Portonovo e Combarro son as tres xoias da coroa da ría pontevedresa, que atopan o seu contrapunto arousán en Pedras Negras, A Toxa e Vilanova de Arousa.

Para mergullarse, tres das localidades máis especializadas son Vigo, Bueu e Sanxenxo, cunha ampla oferta para realizar cursos intensivos ou excursións dun día para coñecer a enorme riqueza das nosas privilexiadas augas.

VelaCometas de kitesurf
Actividades náuticasRafting en Pontevedra
Actividades náuticasCaiac en familia con Piragüilla

No sur, a ría de Vigo resulta óptima para a práctica da vela, e a praia de Patos é unha das mecas do surf galego que completa a súa oferta con actividades de bodyboard, longboard e SUP. Se queres poñerte aos mandos dunha moto de auga atoparás múltiples opcións nos portos de Baiona, Arousa e Sanxenxo, cunha ampla oferta tamén de barcos que non requiren título. O kaiak é outra boa alternativa para sucar as augas de Vigo ou do Morrazo co Parque Nacional das Illas Atlánticas de pano de fondo.

E se che gustan as emocións máis fortes tes tamén dispoñibles cursos de flyboard e esquí acuático na maioría das localidades costeiras. Outra das mellores formas de divertirse en plena natureza é organizar unha fin de semana de hidrospeed, descendendo os rápidos do río Miño ou do Ulla. Este está considerado o deporte de augas bravas máis moderno e emocionante.

Regata velerosRegata de veleiros na ría de Vigo

Consulta a listaxe de empresas especializadas en turismo activo na provincia