Ría de Arousa
O GrovePontevedraVilanova de ArousaA Illa de ArousaCatoiraMeañoVilagarcía de ArousaCambados
É a ría máis extensa de Galicia, e caracterízase pola presenza de numerosos illotes e arrecifes que actúan como rompeolas naturais, provocando que as súas costas sexan máis tranquilas. Destaca a zona de augas profundas situada no espazo protexido da península do Grove, na enseada que se integra no Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha baía somera cun movemento mareal importante. A ría é propicia para o fondeo de embarcacións e constitúe polos seus variados ventos e por tratarse dun espazo abrigado respecto ao mar aberto, un lugar ideal para a navegación recreativa, que permite practicar todo tipo de actividades náuticas
Accesos
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
Servizos
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Navegación y fondeo: Sí
- Observatorio de Aves: Sí
- Permitido el baño: Sí
Pesca deportiva ou submarina
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Pesca deportiva o submarina: Sí
Zona de mergullo
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Zona de buceo: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona A súa configuración física permite unha elevada produción de fitoplancto, cun fluxo mariño característico, que fai que esta ría sexa famosa pola súa riqueza mariña, que é a zona de maior produción de mexillón de todo o mundo, cultivado en viveiros flotantes característicos chamados bateas. A característica da costa é de pouca profundidade, con formación de extensos bancos de area, onde ser cultivan numerosos bivalvos arenícolas coma a ameixa ou o berberecho. Os máis coñecidos son os do río Ulla, de onde se extrae a famosa ameixa de Carril. A pesca é abundante en especies coma a sardiña, bocarte, xurelo, caballa e outras especies costeiras Organismo responsable Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia- Interés Paisajístico: Elevado
- Situado en: Oeste de Galicia