Catro séculos do desembarco pirata en Cangas
Era principios do século XVII cando piratas turco-berberiscos arrasaron esta cidade da ría de Vigo. Despois de tentar atacar á veciña Vigo, a forte oposición das e os poboadores de entón evitaron o desembarco dos piratas que dirixiron a acometida cara á outra parte da ría. As incursións leváronlles a atacar varias zonas en Moaña, ata que o día 9 de 1617 amenceron rumbo a Cangas. A veciñanza, aínda que previda e esperando unha posible acometida, non puideron evitar o desembarco de centos de homes que arrasarían a localidade.
Ata entón, Cangas vivira un crecemento económico positivo grazas a actividades relacionadas coa pesca e a salgadura. Despois da invasión, a poboación viuse gravemente decimada afectando directamente á súa economía e ao desenvolvemento do pobo durante moito tempo nos vindeiros anos.
Os feitos coincidiron no tempo con outros desafortunados incidentes que se deron na comarca, como a caza de bruxas ou caza de Meigas dirixida pola Santa Inquisición, e na que se xulgou entre a outras persoas a María Soliño cuxos familiares morreran anos atrás na defensa contra os piratas.
Os feitos coincidirían no tempo coa caza de Meigas da Santa Inquisición
En 2017 cumpriuse o cuarto centenario da sangría pirata, e agora volven realizar a celebración en memoria do acontecido. A programación para o domingo 28 dará comezo ás 18 horas da tarde onde se recreará tanto o Desembarco Turco como a Defensa da Vila. A representación será realizada pola Compañía Teatro de Ningures e a colaboración doutras asociacións culturais locais, así como a Escola Municipal de Artes Escénicas, Peis d´Hos e Lembranzas da Ría. Os actos desenvolveranse en diferentes localizacións do seu centro histórico.
No porto de Cangas haberá un ataque pirata. Mentres, en O Eirado do Costal, o personaxe de "O Cego", relatará a historia da batalla e de María Soliña e o seu marido Pedro Barba.
Nas rúas do Casco Vello, a veciñanza acusará a María Soliña, que posteriormente será levada á Praza da Constitución onde se celebrará o xuízo e tormento deste personaxe feminino. Posteriormente, haberá un percorrido polas rúas Real, Benigno Soaxe e Sol. Xa en O Eirado do Sinal producirase o encontro entre María Soliña e Pedro Barba.
O traxecto continuará pola rúa Méndez Núñez ata o parque da Palma, onde finalmente finalizarase a representación e narración xunto cunha actuación musical.
O legado bélico de Rías Baixas.
Este non foi o único acontecemento bélico que discorreu por estas terras do suroeste de Galicia. Coñecidas son as incursións viquingas entre os séculos IX e XI e que anualmente celebran especialmente na vila de Catoira . Como tamén é coñecida a Festa da Reconquista de Vigo, que busca ser Festa de Interese Turístico Nacional. A expulsión dos franceses deuse por toda a comarca con batallas decisivas como a de Ponte Sampaio entre Soutomaior e Redondela. As Guerras Irmandiñas e a Batalla de Rande entre moitas outras que se suman a este legado bélico-histórico de Rías Baixas.