Fiestas en Rías Baixas

Rutas das Maceiras en Flor

Visitas gratuítas a unha plantación e sidrarías en aldeas da Estrada (Prazas esgotadas)

A Deputación de Pontevedra alíase un ano máis coas e cos produtores de mazá ecolóxica da comarca de Tabeirós-Terra de Montes nunha das iniciativas turísticas de maior atractivo na provincia: as Rutas das Maceiras en Flor (Ruta Ribela, Ruta Camino, Ruta Rabiosa e Ruta Peroja). Así, a institución provincial organiza catro visitas gratuítas a unha plantación de maceiras e a sidrerías da Estrada o día 27 de abril.

Para cada ruta estarán dispoñibles 40 prazas e inclúese o autobús de traslado con saída desde a cidade de Pontevedra. O punto de encontro será a capela de San Roque (rúa San Roque, s/n), desde onde partirá o autobús. As persoas que participen en cada ruta deberán presentarse neste punto cunha antelación mínima de quince (15) minutos. As prazas están esgotadas.

Requisitos

No formulario de participación deberá figurar:

• Nome da ruta á que te desexas apuntar: Ruta Ribela, Ruta Camiño, Ruta Rabiosa ou Ruta Peroja
• Número de prazas que desexas reservar (máximo catro prazas por persoa)
• Nome e apelidos de cada unha das persoas para as que se solicita praza
• Correo electrónico da persoa de contacto (indicar só un correo-e)
• Número de teléfono da persoa de contacto

Cada persoa poderá reservar un máximo de catro prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición; contabilizaranse soamente aquelas solicitudes nas que consten todos os datos requiridos de forma correcta. 

As persoas admitidas na actividade recibirán unha confirmación da inscrición, ao correo electrónico facilitado, en canto se contabilicen todas as solicitudes. O resto quedará en lista de agarda e de confirmarse a praza, enviaríaselles un correo-e comunicándolles este feito. 

No caso de que haxa persoas que teñan xa confirmada praza nunha ruta e estean en lista de agarda noutras, daráselles prioridade na lista de agarda a aquelas que non teñan praza confirmada en ningunha ruta.

As nenas e nenos de 0 a 2 anos non contabilizan se non ocupan praza no bus, pero deberase informar da súa asistencia.

Ruta Rabiosa

Itinerario: Plantación de Callobre, sobreira e Sidraría Rabiosa

10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Vilar, parroquia de Callobre)
12:00 h Saída cara á Sidrería Rabiosa 
12:15 h Visita á sidrería (parroquia de Pardemarín) con cata-degustación 
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

Ruta Peroja

Itinerario: Plantación de Callobre, sobreira e Sidraría Peroja 

10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Vilar, parroquia de Callobre)
12:00 h Saída cara á Sidrería Peroja 
12:15 h Visita á sidrería (lugar de Outeiro, parroquia de Agar) con cata-degustación
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

 

Ruta Ribela

Itinerario: Plantación de Callobre, sobreira e Sidraría Ribela

16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Vilar, parroquia de Callobre)
18:00 h Saída cara á Sidrería Ribela 
18:15 h Visita á sidrería (parroquia de Ribela) con cata-degustación 
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

Ruta Camino

Itinerario: Plantación de Callobre, sobreira e Sidraría Camino

16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Vilar, parroquia de Callobre)
18:00 h Saída cara á Sidrería Camino 
18:15 h Visita á sidrería (parroquia de Moreira) con cata-degustación
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra