Queres ver como se fabricou o ecopack?

Preme no vídeo para descubrilo e cubre o formulario máis abaixo para facer a túa reserva 

 

Este lote é un agasallo exclusivo, deseñado e producido 100 % con agarimo e cun fin social na provincia de Pontevedra.

Contén os aromas da natureza dos nosos bosques, sementes de plantas e herbas autóctonas que te farán viaxar ás Rías Baixas cando cultives as bombas de biodiversidade que conteñen: Herbas de San Juan, Brisa Atlántica e Breixo.

Estas bombas de sementes están elaboradas segundo o método Nendo Dango desenvolvido por Masanobu Fukuoka hai máis de 70 anos. Este sistema protexe as sementes durante longos períodos de tempo. Grazas á arxila e aos fertilizantes naturais que as recubren garántese o éxito na xerminación deste pequeno bosque atlántico producido por Resetea.

O envase é natural e reutilizable, para minimizar os desperdicios, cunha caixiña de madeira fabricada no Centro Juan María de Nigrán, que lles dá apoio, formación e oportunidades para a inclusión real a persoas con discapacidade intelectual.

Esta caixa é parte dun mural efémero formado por 500 unidades. Cada unha delas foi intervida a man polas artistas locais Doa Oa e Elara Elvira. Agora ti tes unha parte desa obra única, gózaa!

 

Descubre que peza do mural é a túa:

Busca a numeración única que ten a túa caixa (do 1 ao 500) e localízaa no plano.

Somos parte dun todo coa natureza e nalgúns  lugares podes sentilo.