Atlántico Express
Buscador

Festivais Rías Baixas, gastronomía e potencial turístico soben ao Atlántico Express

PortAmérica, Cultura Quente, Revenidas, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Festa Cidade Europea do Viño, Sinsal Son Estrella Galicia, O Marisquiño e Vive Nigrán. Este ano os festivais Rías Baixas son 8+1. Na súa promoción as citas musicais máis esperadas do verán subiron ao tren. E seduciron os pasaxeiros do Atlántico Express no seu traxecto entre Vigo e O Porto. O evento serviu tamén para divulgar a riqueza turística da provincia

A campaña de promoción dos festivais Rías Baixas subiu ao tren. En concreto, a bordo do Atlántico Express, fretado pola Deputación de Pontevedra e Renfe, que, nun evento organizado a principios do mes de xuño, partiu de Vigo cos mellores ingredientes para unha xornada de excepción: música en directo, gastronomía e a riqueza turística das Rías Baixas. Con esta equipaxe o traxecto cara ao Porto reuniu máis de 200 persoas, co que se esgotaron as prazas dispoñibles.

  • Imagen listado
    Música en directo Cos primeiros quilómetros a música fíxose dona dos vagóns do tamén coñecido como Tren Celta convertidos en escenario de promoción dos festivais Rías Baixas 2017. A música en directo provocou que, nas butacas, os sorrisos e aplausos se repetisen ao escoitar a Basanta, Tincho Fernán, Najla Shami e Mounqup.
  • Gastronomía
    Gastronomía De referentes no panorama musical a referentes culinarios. O evento no Atlántico Express contou, ademais, coa degustación dalgúns dos produtos máis tradicionais das Rías Baixas: roscón de Caldas e A Guarda –cortesía das pastelerías Montserrat, Alameda, Estévez e Rogelio–, queixos das terras dezanas Dona Cobiña, marmeladas ecolóxicas elaboradas en Forcarei por Amorodo, viño albariño de Pazo de Villarei, pan tostado de Docampo e auga de Fontecelta.
  • No Porto
    No Porto E o ritmo non decaeu ao chegar ao Porto, onde a comitiva puido percorrer a cidade portuguesa e achegarse ata o popular parque de Serralves.
Atlántico Express: os Festivais Rías Baixas sóbense ao tren