Cruzando camiños
Buscador

Etapa 7. Vilagarcía de Arousa-Pontecesures

20 km

Entramos no estuario do río Ulla e deixamos atrás a ría de Arousa camiñando pola liña de costa xunto a unha zona de marismas. O itinerario guíanos ata Catoira, onde atopamos as Torres do Oeste, que no pasado defendían Santiago de Compostela dos ataques viquingos. Das sete torres orixinais consérvanse os restos de dúas xunto a unha pequena capela dedicada ao Apóstolo.

Pazo de Vistalegre
Panoramíca Isla de Cortegada

O primeiro domingo de agosto celébrase alí a espectacular romaría viquinga de Catoira, Festa de Interese Turístico Internacional na que veciñas e veciños representan as invasións realizadas hai mil anos polos atacantes escandinavos.

Ponte romano
Río Umía

Estamos a chegar ao final da nosa ruta polas Rías Baixas para seguir cara a Padrón e culminar o periplo en Santiago de Compostela. Desde Catoira cruzamos o Sistema Fluvial Ulla-Deza, pasando por Portas ata chegar a Pontecesures. Aquí, na fronteira entre as provincias de Pontevedra e A Coruña, conflúe co Camiño Portugués.