Rías Baixas Fest

Video completo

Rías Baixas Fest

Un circuíto de festivais que ofrece música, gastronomía, deporte urbano e lecer en paisaxes extraordinarias

Rías Baixas Fest Pontevedra Provincia é unha marca creada pola Deputación de Pontevedra para impulsar e promover un circuíto de festivais de música que achegan, xunto cunha oferta musical de calidade, experiencias turísticas que contribúen a situar a Rías Baixas-Pontevedra Provincia como un gran destino cultural e de lecer.

Actualmente, a marca agrupa sete grandes festivais celebrados en distintos puntos da provincia de Pontevedra: PortAmérica (en Caldas de Reis e Portas), O Marisquiño (Vigo), Sinsal Son Estrella Galicia (illa de San Simón, Redondela), SonRías Baixas (Bueu), Vive Nigrán (Nigrán), Atlantic Fest e Revenidas (ambos en Vilagarcía de Arousa).

Qué distingue os Rías Baixas Fest?

Os Rías Baixas Fest son un referente na música, na gastronomía, no lecer e no deporte. O público goza, en fantásticos espazos, das mellores bandas e artistas, das elaboracións de grandes chefs, de competicións de deporte urbano con riders de elite, e dunha ampla oferta de actividades de lecer. Son eventos de renome internacional, que atraen ducias de milleiros de persoas e forman parte xa da marca Rías Baixas-Pontevedra Provincia.

Cal é o obxectivo?

O obxectivo dos Rías Baixas Fest é fomentar e impulsar o crecemento dos festivais de música que contribúen á promoción turística da provincia de Pontevedra, e posicionar as Rías Baixas como un destino de referencia no ámbito nacional e internacional a través do turismo de festivais. Este obxectivo está aliñado co reto da sostibilidade, do turismo responsable, da igualdade e dos ODS das Nacións Unidas.

Ademais, Rías Baixas Fest promove ferramentas de planificación e xestión que permiten reforzar a colaboración cos promotores destes eventos. 

Os Rías Baixas Fest contribúen a internacionalizar e desestacionalizar o destino, ofrecendo as mellores experiencias para cada momento do ano. A súa celebración fai que a provincia sexa coñecida dentro e fóra de Galicia, configurando así unha oferta de gran relevancia e atractivo.

Requisitos para o uso da marca

A marca Rías Baixas Fest Pontevedra Provincia identifica os festivais que combinan música e experiencias turísticas e cumpren os seguintes requisitos:

Un número de persoas asistentes relevante 
Un impacto acreditado nas redes sociais
Participar no desenvolvemento da estratexia da promoción turística da provincia
Participar nas accións de promoción e comunicación organizadas pola Deputación de Pontevedra vinculadas aos festivais celebrados nesta provincia
Facilitar e colaborar nas accións necesarias para a mellora no intercambio de información de interese para o Servizo de Turismo.
  •  
    Estopa, en SonRías Baixas
  •  
    O Marisquiño
  •  
    Atlantic Fest
  •  
    Revenidas
  •  
    Sinsal SON Estrella Galicia
  •  
    Portamérica
  •  
    Nathy Peluso en Vive Nigrán