Cabecera experiencia

Comunidade sefardí en Rías Baixas

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Sur Interior Sur

No medievo a comunidade xudía vivía en varios puntos de Galicia. Tui foi unha das xuderías máis importantes, un dos lugares elixidos durante os séculos XIV e XV pola comunidade hebraica, asentada tamén en portos costeiros coma Baiona ou en lugares próximos coma Salvaterra de Miño.


Tui foi o nexo de unión entre Galicia e Portugal, polo devir histórico da súa zona vella e porque nel se atopa a catedral da provincia de Pontevedra, testemuña da transformación deste pobo ao longo dos séculos. Esta vila, situada á beira do río Miño, tivo o privilexio de ser unha das sete provincias do Reino de Galicia.

Segundo a documentación existente, a comunidade xudía decidiu establecerse na zona vella, dentro da muralla e baixo a protección do bispado. Nela tamén se fai referencia á existencia dunha sinagoga, dun cemiterio e de vivendas habitadas por membros da comunidade.

Comunidad sefardí en Rías Baixas
Comunidad sefardí en Rías Baixas

A carnicería, tan necesaria para os ritos kosher, era rexentada por Pero Xudeo. As pezas de prata que se conservan no Museo Catedralicio foron realizadas por artesáns prateiros coma Abrahán, Jacob ou Pero Amin, entre outros. Tamén son importantes as obras realizadas polos canteiros que, durante xeracións, utilizaron os seus propios signos lapidarios, entre os que destacan a menorá do claustro gótico, que indica a integración da comunidade xudía na vila cristiá.

Tui contaba tamén cunha sinagoga, situada ao pé da Porta da Pía, á entrada da cidade. A palabra "pía" está relacionada co baño ritual xudaico ou micvé, que se atopaba no patio da sinagoga, na rúa Ordóñez. Nas inmediacións, preto da catedral e do convento das clarisas, está a antiga igrexa de Santa M.ª de Oliveira. Era a zona máis próxima á muralla, onde se atopaban as vivendas xudías do século XV, a Torre do Xudeu, etc.

No cemiterio, situado nos arredores da cidade, posiblemente no arrabalde de Riomuiños, os enterramentos celebrábanse con todos os ritos particulares da relixión. Buscábanse lugares elevados e próximos a un río ou arroio, e Tui cumpría con todos os requisitos. 

Comunidad sefardí en Rías Baixas
Comunidad sefardí en Rías Baixas

A partir de 1492, cando os Reis Católicos ordenaron a expulsión dos xudeus do Reino, algúns membros da comunidade seguiron fieis ao xudaísmo e outros optaron por converterse ao catolicismo. Estes últimos foron obxecto de desconfianza, e a Santa Inquisición procesou algúns deles, que quedaron rexistrados nunha serie de sambenitos. Na actualidade o Museo Diocesano garda os únicos sambenitos que se conservan en España.

Tui é sueva e visigoda, é xudía e cristiá, é medieval e é conxunto histórico… espléndida en todos os sentidos. Imprescindible na túa viaxe a Rías Baixas!

Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Sur Interior Sur