cabecera-patrimonio-literario
Buscador

Atlantic Fest: acordes no paraíso salvaxe da Illa de Arousa

20, 21 e 22 de xullo 2018

O Atlantic Fest ten lugar nunha illa máxica con praias de bandeira azul, un impresionante parque natural, unha localidade que conserva intacta a súa esencia mariñeira e rutas á beira do mar con panorámicas espectaculares. A Illa de Arousa teno todo para pasar tres días inesquecibles coa mellor música e actividades de lecer e náutica neste Rías Baixas Fest, imprescindible no circuíto de verán.

O inconfundible escenario principal de Atlantic Fest levántase na praia do Bao, xunto á ponte de entrada á illa. Pero o festival estende os seus tentáculos a outros puntos da illa, onde durante o evento respírase música e unha atmosfera especial. A lugares improbables e cun encanto especial para ofrecer concertos, como a praza de abastos, únense as actuacións na rúa e no auditorio da localidade, este último denominado no Atlantic Fest como Escenario Turismo Rías Baixas .

Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra
Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra

Grandes bandas internacionais como Kaiser Chiefs e The Vaccines, entre un elenco de figuras como Iván Ferreiro, Rodrigo Amarante ou La Casa Azul, forman parte do cartel da edición de 2018. Tamén Los Nastys, Jay ou Caxade despregarán a súa música ante o público nos distintos espazos de concertos.

Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra
Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra

Mercado discográfico, conferencias, xogos para nenas e nenos e actividades náuticas como kaiak ou pádel surf complementan a oferta do festival, que conta con zona de acampada e servizo de autobuses desde distintos puntos de Galicia.

Ao longo do ano a organización promove os Atlantic Days, unha serie de actos (concertos, charlas…) en distintos espazos de Galicia. Por alí pasaron entre outros The New Raemon, La Bien Querida, Cooper, Sr. Chinarro e Best Boy.

Un completo menú coa mellor música no marco incomparable da Illa de Arousa.

QUE VER NA ILLA DE AROUSA

O Atlantic Fest é unha excelente oportunidade para coñecer un verdadeiro paraíso natural. As praias do Bao e Area da Secada contan con bandeira azul e son perfectas para desconectar do mundanal ruído. A primeira conta con amplos equipamentos e servizos, mentres que Area da Secada se sitúa nun contorno salvaxe e está flanqueada pola Ruta dos Cons, un itinerario entre a natureza e con excelentes panorámicas. Preto da praia atoparedes o faro de Punta Cabalo, unha das iconas da Illa, e na contorna un reloxo solar tallado nun con, que é como se lle chama na zona ás pedras ou rochas.

Faro Punta Cabalo en Illa de Arousa (Pontevedra)
Illote de Aroso en lla de Arousa, Pontevedra

O parque do Carreirón é un formidable espazo natural e un privilexiado lugar para a vida das aves, o que lle valeu a catalogación dunha parte do seu territorio, punta Carreirón, como Zona Internacional de Especial Protección para as Aves e a súa integración en no Parque Natural Complexo Intermareal Umia–O Grove–A Lanzada–Punta Carreirón e Lagoa de Bodeira .

No centro da Illa respírase o ambiente das localidades mariñeiras das Rías Baixas e, para empaparvos da historia vinculada á industria do mar, resulta recomendable visitar o Centro de Interpretación da Conserva, na antiga fábrica de Goday .

O miradoiro do Con do Forno é o punto máis alto da illa e desde alí pódese contemplar unha panorámica de toda a illa, a ponte e os concellos veciños de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño, Sanxenxo e O Grove.

Por suposto, un dos atractivos imprescindibles da Illa de Arousa é a gastronomía, con excelentes peixes e mariscos regados cun bo albariño, o príncipe dos viños galegos.

Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra
Atlantic Fest, Festival conciertos música Illa de Arousa, Pontevedra

ATLANTIC FEST