Patrimonio Arquelógico
Buscador

A terra

Un territorio de enorme fertilidaderiqueza, unha paisaxe formidable, un patrimonio milenario e unha arraigada cultura transmitida de xeración en xeración. Con estes vimbios a provincia de Pontevedra conforma un lugar único ideal para vivir experiencias inesquecibles co selo Rías Baixas.

Campos de cultivo, ríos, bosques e viñedos en ladeiras, chairas e a beira do mar producen a impresionante materia prima da gastronomía deste destino, que serve de fío condutor para unha viaxe de sabores que sacia os cinco sentidos. O termalismo, con raíces na época dos romanos; os fascinantes pazos, algúns deles con xardíns versallescos, a Ruta da Camelia, flor das Rías Baixas; ou o percorrido polo patrimonio espiritual, con impresionantes mosteiros no interior e a costa, prometen grandes experiencias para as e os viaxeiros.

Viñedos

Os viñedos esténdense por toda a provincia de Pontevedra, que se caracteriza por un clima atlántico e suave, ideal para a elaboración dos viños con D. O. Rías Baixas, que maridan á perfección cos produtos gastronómicos deste territorio. O enoturismo das Rías Baixas é de fama internacional, e é que aos seus excelentes viños súmase o cromatismo que incorporan os viñedos ás súas preciosas paisaxes. Da extracción da uva destes viñedos xorde unha práctica ancestral intimamente ligada á elaboración do viño, a destilación de augardentes e licores de Galicia.

Variedades brancas e tintas conviven en harmonía nos viñedos das Rías Baixas, pero as que teñen maior peso son as brancas, e a variedade albariña é a que maior protagonismo cobra dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A produción e elaboración vitivinícola da provincia esténdese polas zonas do Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e a Ribeira do Ulla.

A Ruta do Viño é unha excelente forma de coñecer as adegas, viñedos e establecementos turísticos da provincia e vivir experiencias únicas.

Ruta do viño
Ruta do viño

Gandería

Ganadería

Os verdes prados, as condicións climatolóxicas e a fantástica orografía de Galicia en xeral e das comarcas do interior das Rías Baixas en particular foron claves para o destacado papel da gandería neste destino. Isto, sumado ao bo facer, á cría ao aire libre e a unha boa alimentación, dá como resultado unha excelente calidade nas carnes de gando vacún, ovino, avícola e porcino deste territorio.

A raza loura galega é a tenreira autóctona da zona noroeste peninsular, e o selo de calidade Ternera Gallega identifica a excelencia da súa carne. Ademais da tenreira, o porco tamén é protagonista na gastronomía das Rías Baixas. Con este último como protagonista podemos atopar grandes receitas por todo o territorio, coma o cocido, que goza de fama nacional en Lalín ; o lacón con grelos; ou os embutidos, onde o xamón da Cañiza ocupa un papel destacado e conta cunha tradición de máis dun século.

O carneiro ao espeto de Moraña, o galo de curral de Vila de Cruces ou a galiña de Mos son outras das carnes para destacar da gastronomía tradicional da provincia de Pontevedra. A gandería produce ademais deliciosos queixos que contan co distintivo da denominación de orixe, coma o Queixo de Tetilla ou o de Arzúa-Ulloa, elaborados artesanalmente a partir do leite de vaca natural e enteiro.

Ríos

A importancia da contorna fluvial nas Rías Baixas non só se basea na beleza das súas paisaxes. Seguir o seu percorrido supón coñecer paraxes de gran riqueza biolóxica, histórica, etnolóxica e tamén gastronómica. Os múltiples ríos que bañan a provincia de Pontevedra ofrecen especies de auga doce como as angulas, as troitas, os salmóns ou as lampreas.

A lamprea remonta as augas do río Miño desde o océano para desovar e morrer. A localidade de Arbo gañouse con suor ser a capital histórica deste manxar, e as “pesqueiras”, método tradicional para pescar lamprea, son un elemento singular da paisaxe.

Salvaterra de Miño é considerada a capital gastronómica desta conca fluvial. Lampreas, angulas, anguías, salmóns, ou troitas atopan no río Miño o seu hábitat natural. Seguindo o curso descendente do maior río de Galicia ata a súa desembocadura na Guarda suca as súas augas a prezada angula, cría da anguía. O río Ulla acolle tamén este exemplar de auga doce, que se pesca de forma tradicional a través das nasas distribuídas polo río.

Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes atópase o municipio galego con máis cotos de pesca, A Estrada. A fantástica orografía deste lugar, bañado polos ríos Ulla e Umia, outórgalle unha gran vantaxe para a captura de exemplares como o salmón ou a troita, unha especie que tamén habita outros ríos como o Tea ou o Verdugo.

Pesa de la lamprea
Pesca de la lamprea

A horta

Huerta

Os campos de cultivo ofrecen produtos de primeira calidade grazas ás temperaturas suaves e á gran riqueza do chan deste territorio. As e os agricultores manteñen o espírito tradicional deste oficio artesanal seleccionando meticulosamente os seus produtos e adaptando as técnicas de produción ás condicións do terreo. O resultado, un produto extraordinariamente ligado ao medio e cunhas excelentes calidades culinarias.

As patacas, os pementos de Herbón, ao norte da provincia de Pontevedra, as cebolas do Salnés, omillo corvo da peninsula do Morrazo, ou os Grelos de Galicia da Indicación Xeográfica Protexida, cuxo cultivo se estende polos catro puntos cardinais da provincia, son algúns dos excelentes produtos deste destino tan valorado na súa gastronomía.

Os grelos, un dos ingredientes básicos de receitas da gastronomía tradicional galega coma o caldo galego, o cocido ou o lacón con grelos, son un elemento diferenciador da cociña autóctona.

Bosques

Huerta

A natureza foi máis que xenerosa coas Rías Baixas. O corazón da provincia alberga frondosos bosques dun verde intenso onde as árbores autóctonas conviven con outras especies en espazos naturais de gran beleza.

Un das paisaxes máis representativas de Galicia son os seus bosques de castiñeiros. Na provincia de Pontevedra as zonas de recolección de Castaña de Galicia son as comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e de Deza; e os municipios de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Cuntis. Os montes da fraga de Catasós en Lalín ou a serra do Candán son algúns dos espazos onde a recollida de castaña se pode compaxinar coa de cogomelos.

Concretamente, en Lalín existe unha importante produción de castañas, actividade complementaria das familias que se dedican a actividades gandeiras. Esta localidade, xunto aos demais municipios que conforman a comarca de Deza, atópase dentro da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

Especialmente saboroso é o mel das Rías Baixas, tamén con selo de calidade (IGP) e produto do minucioso traballo das apicultoras e apicultores desta terra.