cabecera_camelia
Buscador

Rafa Centeno

Coliflor, curry e vinagreta de camelia e cítricos

Puré de coliflor recuberto con coliflor-curry, follas de temporada (camelia) e vinagreta de aceite de camelia e peles de cítricos con soia

Ingredientes:

  • Unha coliflor
  • Manteiga (c.s)
  • Curry (c.s)
  • Follas de temporada
  • Aceite de camelia (c. s.)
  • Soia (c. s.)
  • Cascas de cítricos (c. s.)
  • Sal (c. s.)

Elaboración:

Raiamos a metade da coliflor en cru e reservamos.

A outra metade cocémola e, ben escorrida, triturámola coa manteiga (a metade de manteiga que de coliflor) e a poñemos ao punto de sal.

Doutra banda infusionamos no aceite de camelia as peles de cítricos, a 50 ºC durante 2 horas, coamos e obtemos un aceite para a nosa vinagreta con soia (nunha proporción de dúas de soia por cinco de aceite).

Por último, salteamos a coliflor raiada nunha tixola cunha noz de manteiga e curry en po ata deixar ao punto e salgamos.

Empratado:

Dispoñemos o puré de coliflor no prato, cubrimos coa coliflor-curry, colocamos harmonicamente unhas follas de temporada (no caso de estar en flor a camelia poderiamos engadirlle algunha) e, por último, rematamos coa nosa vinagreta de camelia e cítricos.