Castillo de Soutomaior
Buscador

Compra de Entradas

Entrada individual: 5 €

Esta entrada inclúe a visita á fortaleza de Soutomaior  e a súa musealización, así como aos seus xardíns e á exposición temporal coetánea o día da visita.

Entrada reducida: 2,5 €

 

Entrada familiar: 5 €

Esta entrada  para familias inclúe a visita á fortaleza e a súa musealización, así como aos seus xardíns e á exposición temporal coetánea o día da visita.

Ofrecémosche gratuitamente un cartafol didáctico cun xogo de pistas, un plano e un lapis (entregarase no despacho de billetes unicamente un cartafol por familia).

Entrada reducida: 2,5 €

 

Visita guiada ao castelo: 6,50 €

Esta entrada ofréceche a posibilidade de visitar o castelo de Soutomaior e a súa musealización da man dunha ou dun guía especializado.

Entrada reducida: 3,25 €

 

Visita guiada ao castelo e xardíns: 7,50 €

Esta entrada ofréceche a posibilidade de visitar o castelo de Soutomaior e a súa musealización, así como os xardíns, declarados de Excelencia Internacional en Camelia, da man dunha ou dun guía especializado.

Entrada reducida: 3,75 €

 

Terán tarifa reducida (as reducións aplicaranse no despacho de billetes):

  • Persoas de 65 anos ou máis
  • Membros de familias numerosas, segundo o disposto no artigo 2 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e o Real decreto 1621/2005, de 30 de decembro , que desenvolve a citada lei
  • Titulares de Carné Xove
  • Grupos organizados formados por un mínimo de 10 persoas