Reserva
Grupos
O parque ofrece a posibilidade de reservar a visita de grupos. Esta reserva debe realizarse a través de Turismo Rías Baixas, cumprimentando e enviando o formulario de solicitude.
Se desexa enviar a súa solicitude por correo electrónico, imprima e cumprimente o impreso de solicitude de Reserva de Grupos.
Envíe o seu formulario de solicitude polo menos 15 días antes da data da súa visita.
- Para garantir a calidade da visita, o aforo do castelo é limitado.
- A reserva anticipada de entradas garante o acceso aos grupos organizados para poder visitar o castelo de Soutomaior na data e hora desexadas.
- O castelo ofrece cada día desde o 15 de xuño ao 14 de outubro varias visitas guiadas. Se desexa utilizar este servizo, debe especificalo no seu formulario de solicitude de visita, quedando suxeito a dispoñibilidade.
- O Departamento de reservas enviaralle unha Folla de Reserva, que deberá presentar o día da súa visita.
Considérase grupo aquel composto por un mínimo de 10 persoas.
Pode contactar co Departamento de Reservas en:
- Correo electrónico: castelodesoutomaior@depo.es
- Teléfono: 986 804100
- Horario: de luns a venres, de 9 a 14h.
Escolares
Visitas autoguiadas polo parque do Castelo de Soutomaior.
Esta visita ten un carácter didáctico e gratuíto, polo que ha de ser guiada polo docente.
- Poden solicitala tódolos centros educativos homologados pola Unión Europea.
- Estas visitas ofrécense durante todo o ano no horario do monumento.
- Poderán participar na visita ata dous grupos de 30 persoas, profesorado incluído.
Reservas
- A reserva anticipada de entradas garante o acceso aos grupos organizados para poder visitar o castelo de Soutomaior na data e hora desexadas.
- Se desexa reservar a visita deberá cumprimentar o impreso de solicitude de Reserva para Escolares e envialo a castelodesoutomaior@depo.es
Unha vez recibido, dende o Departamento de reservas poñerémonos en contacto co centro para confirmar ou desestimar a participación no programa.
No caso de que a actividade fose aprobada, enviarémoslle o documento de confirmación con antelación suficiente.
- Se varía o número de participantes dende o momento da recepción da confirmación ata o da realización da visita ou se se produce unha anulación, deben comunicalo á dirección de correo electrónico, polo menos 48 horas antes da visita.
Horarios
- Os grupos deben organizarse en función da hora asignada na reserva para o acceso ao castelo, unha vez dentro, dirixiranse ao persoal de vixilancia para indicarlles o punto de inicio do percorrido.
- A visita ao castelo e aos xardíns adaptarase ao horario vixente.
Necesidades especiais
- Debido ás características do monumento, o percorrido non está totalmente adaptado para o acceso en cadeira de rodas. As persoas con mobilidade reducida só poderán realizar unha visita parcial ao Monumento (Patio de Armas) e ao Xardín de Camelias.