Oficinas de turismo

  • Oficina de Turismo Rías Baixas

    Oficina de turismo dependente da Deputación de Pontevedra, asentada no Palacete das Mendoza, un emblemático edificio situado en plena zona monumental da cidade.

    Desde a súa inauguración como sede de Turismo Rías Baixas, o 28 de xullo de 2004, o Palacete das Mendoza permanece aberto todos os días do ano, excepto Nadal e Ano Novo, prestando atención ás persoas que nos visitan.

    Foi a primeira oficina de turismo de Galicia en contar co "Q" á calidade e excelencia turística, pola súa xestión e servizo ás e aos turistas.

     

    Dirección

    Praza Santa María, s/n 36071 Pontevedra 886 211 700

    Horario:

    • De inverno:

    De luns a venres: de 9 a 20 h

    Sábados e festivos: de 10 a 14 h e de 16 a 19 h

    Domingos: de 10 a 14 h

    • De verán:

    De luns a venres: de 9 a 21 h

    Sábados, domingos e festivos: de 10 a 14:30 h e de 16:30 a 20 h

  • Punto de información turística do aeroporto de Peinador

    Punto de información dependente da Oficina de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra, situado na terminal de chegadas do aeroporto de Vigo co fin de ser a primeira toma de contacto de todas as persoas que visitan o destino Rías Baixas.

    Dirección

    Estrada N-555, s/n 36200 Vigo 986 804 100

    Horario:

    Luns e venres: de 8 a 14 h e de 15 a 21 h

    De martes a xoves: de 8 a 21 h

    Sábados, domingos e festivos: de 10 a 14 h e de 17 a 21 h

  • Punto de información turística do mosteiro da Armenteira

    Punto de información dependente da Oficina de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra, situado desde setembro de 2009 no mosteiro da Armenteira, en pleno corazón da comarca do Salnés.

    Do mesmo xeito que a Oficina de Turismo Rías Baixas conta co "Q" á calidade e excelencia turística e presta o servizo de visitas guiadas de forma gratuita con reserva previa.

    Dirección

    Lugar de Vilar, s/n 36667 A Armenteira–Meis 986 804 100

    Horario:

    • De inverno:

    De martes a venres: de 10 a 14:30 h e de 16 a 18 h

    Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 h

    • De verán:

    De martes a venres: de 11 a 14:30 h e de 16 a 19 h

    Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 h e de 16:30 a 19 h