Patrimonio Arquelógico
Buscador

Museos

Os museos da provincia de Pontevedra albergan un enorme patrimonio arqueolóxico dun valor incalculable. Estes lugares permítennos descubrir o legado que nos deixaron as e os nosos devanceiros e profundar na milenaria historia e cultura popular deste territorio.

Na Guarda podemos visitar o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (Masat), o primeiro dedicado a esta ciencia en Galicia. Este espazo, na cima da montaña na que se atopa o máxico castro de Santa Trega, móstranos diversos períodos do xacemento, así como os traballos de investigación arqueolóxica centrados neste poboado datado entre os séculos IV a. C. e I d. C. Neste lugar podemos atopar desde raspadeiras, picos, machadas, gravados rupestres e útiles, ata elementos de culto e ornamentación.

Este emprazamento privilexiado no que se atopa, a 341 metros de altitude, ofrécenos unha incrible panorámica de 360º do río Miño, que exerce de fronteira natural entre a comunidade galega e o país luso. Este fantástico lugar reúne cada ano, no mes de agosto, unhas 10.000 persoas coa celebración da Festa do Monte, de Interese Turístico de Galicia.

Museo arqueológico del Monte de Santa TregaMuseo arqueolóxico do Monte de Santa Trega
Museo arqueológico del Monte de Santa TregaMuseo arqueolóxico do Monte de Santa Trega

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) agrupa en vinte hectáreas a maior concentración de Europa destes gravados en pedra ao aire libre. Este espazo conta cun edifico que, a través de técnicas multimedia, ofrece unha innovadora zona de exposición que lles permite ás persoas que o visitan profundar na historia dos petróglifos de Galicia, aprender como se realizaron, identificar os diversos motivos que debuxan estes gravados en pedra e coñecer o seu significado.

Esta viaxe polo patrimonio arqueolóxicoda provincia de Pontevedra, que parte de Campo Lameiro, permítenos entender a vida das e dos nosos antepasados. A mostra presenta paneis, pantallas ou antigas pezas achadas nas escavacións como lascas, coitelos, machados, puntas de frecha ou elementos decorativos dunha maneira didáctica, visual, sinxela e atractiva.

Parque arqueológico del arte rupestre de CampolameiroParque arqueolóxico do arte rupestre de Campolameiro
Parque arqueológico del arte rupestre de CampolameiroParque arqueolóxico do arte rupestre de Campolameiro

Se nos achegamos ata a capital da provincia, nun dos edificios do Museo de Pontevedra, concretamente no Edificio Sarmiento, podemos atopar un espazo dedicado ao patrimonio arqueolóxico das Rías Baixas. Na actualidade exhíbense nas súas salas de exposición permanente os fondos da Prehistoria e a Antigüidade, con tres coleccións arqueolóxicas emblemáticas: epigrafía romana, ourivería antiga e Idade do Bronce.

Edificio Sarmiento del Museo de PontevedraEdificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

A epigrafía romana está integrada por medio centenar de inscricións votivas e unha trintena de funerarias que achegan valiosa información sobre a organización social e intelectual da poboación galaico-romana nesta rexión. Destacan algúns conxuntos tan sorprendentes coma os do castro domonte do Facho, dous exemplares descubertos en Lourizán, a pía monolítica de Mougás ou o fragmento de inscrición monumental de Santa Eufemia.

A segunda colección, a de ourivería, conta con algúns conxuntos coma o Tesouro de Agolada ou o Tesouro de Caldas que reúnen algúns obxectos coma argolas-lingote, gargantillas e brazaletes, entre outros útiles. Do período castrexo da Idade do Ferro consérvanse seis torques do Tesouro de Foxados e outras pezas doutros conxuntos coma o do Tesouro Bedoya, integrado por aneis, denarios e áureos, entre outros obxectos.

Petroglifos de MogorPetróglifos de Mogor

Da colección da Idade do Bronce destacan as machadas, os puñais e as puntas de xavelina do depósito de Montedas Cabras e outros obxectos de conxuntos como o de Codeseda, Meira e o río Ulla ou o Miño. Ademais, son de gran relevancia outros depósitos coma o deSamieira, Noalla, Mougás, O Hío ou Cabeiras, que contan con machadas, puntas de lanza, brazaletes e unha espada, entre outros elementos.

Próximo a Pontevedra, na localidade de Marín, podemos visitar un dos conxuntos de petróglifos máis coñecidos de Galicia, o de Mogor, cos seus máis que afamados labirintos. Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor alberga unha serie de paneis que introducen a quen o visita no mundo da arte rupestre, ademais de ofrecer a oportunidade de profundar máis na figura dos labirintos, presentes nestes gravados e moi pouco comúns en Galicia.

Centro Arqueológico de TourónCentro Arqueolóxico de Tourón

A seguinte parada lévanos ata as entrañas de Ponte Caldelas. O Centro Arqueolóxico de Tourón é unha boa antesala para coñecer en profundidade a riqueza que atesoura este complexo de arte rupestre ao aire libre, un dos máis singulares de Galicia. Nas súas instalacións, ademais de adentrarnos de cheo na cultura dos petróglifos, podemos atopar tamén unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e sobre como realizaban as e os nosos devanceiros os gravados.

En Lalín atopamos o centro de interpretación da cultura castrexa Castrodeza, curiosamente emprazado nun edificio vangardista de referencia, obra dos arquitectos Luis M. Mansilla e Emilio Tuñón. Este espazo está orientado á divulgación e ao enxalzamento da cultura dos castros, das súas lendas e da súa gastronomía; un lugar onde as novas tecnoloxías van da man co patrimonio cultural da comarca de Deza.

O museo está dividido en catro espazos que contan con fantásticos recursos multimedia para recrear a cultura e a forma de vida das persoas que habitaron en Deza hai miles de anos. Na primeira sala podemos contemplar unha presentación do territorio desta comarca coa localización de todos os seus castros.

Ademais, unha mesa interactiva con tecnoloxía multitouch ofrécenos a posibilidade de descubrir información detallada sobre os castros, mesmo con reconstrucións en 3D, así como a localización de ríos, camiños, igrexas e ermidas dos diferentes concellos que a integran.

Centro de Interpretación de la Cultura Castreña CastrodezaCentro de Interpretación da Cultura Castreña Castrodeza
Centro de Interpretación de la Cultura Castreña CastrodezaCentro de Interpretación da Cultura Castreña Castrodeza

No segundo espazo agárdanos unha incrible proxección, na que se narran algunhas lendas e mitos que evidencian a importancia dos castros en toda a comunidade galega. No terceiro espazo as e os visitantes poderán comprobar ata que punto a cultura castrexa segue sendo parte da memoria colectiva e da mitoloxía popular da xente da comarca de Deza, con diferentes locucións sobre contos e lendas locais narradas polas veciñas e veciños da zona.

A última e cuarta sala está dedicada principalmente á gastronomía, onde podemos atopar un receitario castrexo con extraíbles, información sobre investigacións recentes e un gran crebacabezas acompañado de imaxes e sons que evocan a forma de cociñar castrexa, a través de códigos QR. Ademais, achéganos á actualidade da gastronomía deste destino.

Dun edificio de vangarda trasladámonos a un pazo do século XVII. O pazo de Liñares, tamén en Lalín, alberga o Centro de Xestión e Coñecemento Arqueolóxico (CXCA) da cultura dos castros , dividido en dous espazos: un destinado á investigación e outro á exposición. Ademais, nesta construción palaciana atópase o Museo Galego da Marioneta.