Descubre Pontevedra desde las alturas
Buscador

Descubre Pontevedra desde as alturas

As paisaxes da provincia de Pontevedra son unha aposta segura á hora de vivir unha experiencia única. A súa beleza, unida á riqueza da súa flora e fauna, debuxará na nosa retina un recordo difícil de borrar. Se queremos coñecer máis a fondo a provincia non temos máis que achegarnos a un dos múltiples miradoiros que posibilitan que nos deleitemos con momentos únicos, que pervivirán para sempre nos nosos recordos. Como mostra aquí temos unha selección de dez dos mellores enclaves desde os que gozar dunha experiencia con historia.

O mar é o protagonista de moitos destes escaparates naturais, como así o demostran os miradoiros da Guía no barrio olívico de Teis; ou  A Penedaen Soutomaior, coas súas impresionantes vistas do interior da ría de Vigo. Tampouco quedan atrás o miradoiro da Siradella, no Grove; ou o de Santa Trega, na Guarda, que nos permitirá contemplar o solpor máis próximo aos nosos veciños portugueses.

A Guía
Siradella

Vistas ao tesouro do Atlántico

Internacionalmente coñecida é a paisaxe das illas Cíes. A xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é unha das maiores riquezas naturais da provincia e alí podemos admirar o arquipélago desde un punto privilexiado, o  mirador do Faro, ao que se chega tras unha camiñada con fermosas vistas. Desde ese punto gozaremos dunha das mellores panorámicas da ría de Vigo.

Tamén divisamos as illas desde un espectacular lugar de observación na península do Morrazo. O mirador del monte de O Facho en Cangas, ofrece unha panorámica excepcional sobre as illas Cíes e o litoral das Rías Baixas. Cara ao norte divisamos unha excelente vista da Illa de Ons, tamén integrada no parque nacional, e poderemos contemplar tamén a entrada á ría de Arousa.

las islas Cíes
Monte Facho

A natureza tamén nos mostra a súa mellor cara con outras atalaias situadas no interior da provincia, como é o caso do monte Aloia, en Tui, ou o mirador do Seixo, desde o que dominamos gran parte da provincia e podemos contactar coas forzas telúricas desta terra máxica que é Pontevedra grazas á súa porta ao reino de Hades.

Unha fervenza de momentos inesquecibles

A auga tampouco perde protagonismo no interior da provincia, grazas a paraxes de incalculable beleza coma a fervenza do Toxa, en Silleda, a máis grande de Galicia e unha das contornas con especies arbóreas autóctonas máis rica do noso territorio. Destaca tamén a fermosura do río Miño ao seu paso  polo Cruceiriño, onde poderemos apreciar a forza dun río que dota de vida as terras galegas.

Fervenza do Toxa
O Cruceiriño

Sen dúbida esta viaxe polos miradoiros máis destacados da provincia permitiranos coñecer con máis detalle a riqueza non só paisaxística senón tamén patrimonial dun territorio con moitos paraísos ocultos por descubrir. Esta será unha viaxe que enriquecerá a nosa historia vital con recordos que nunca se borrarán da nosa retina.