Descubre Pontevedra desde las alturas
Buscador

O Cruceiriño (Crecente)

O val e os meandros do río Miño ao seu paso pola parroquia de Filgueira son os grandes protagonistas deste mirador do Cruceiriño, desde o que divisamos os concellos de Cortegada e Padrenda. Debido ao estancamento do  encoro de Frieira, a auga presenta un caudal anormal, rodeado por montes rochosos e unha vexetación predominantemente formada por eucaliptos.

Se realizamos a visita a comezos do mes de agosto, poderemos ademais aproveitar para visitar a parroquia de Filgueira e coñecer a súa  festa en honra de San Pedro e a Virxe do Rosario. Se se conta con tempo suficiente, outra boa idea será achegarse á  igrexa de San Pedro de Crecente, unha antiga colexiata construída sobre as ruínas dun mosteiro templario desaparecido no s. XIV.

O Cruceiriño
O Cruceiriño

Os amantes da gastronomía poden tamén visitar o mercado de Crecente para adquirir os produtos típicos da zona, ou degustar algún dos seus mellores caldos en adegas coma a de Morgadío ou Vilarvín, cuxos viñedos crecen nun terreo en pendente formado por balcóns sobre a conca do Miño, o que lle  proporciona ao viño obtido un sabor único.