Pontevedra Provincia Film Commission
Provincia de Pontevedra Film Commission é un servizo público e gratuíto da Deputación de Pontevedra xestionado por Turismo Rías Baixas cuxo obxectivo principal é promover a provincia de Pontevedra como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, así como incrementar o posicionamento da súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.
Con este servizo preténdese asesorar e apoiar a todas as empresas e profesionais nacionais e internacionais do sector audiovisual que queiran rodar na provincia de Pontevedra. Desta maneira, promóvense e facilítanse as rodaxes neste destino e a internacionalización deste. A Provincia de Pontevedra Film Commission facilita a xestión de todos os trámites e necesidades de empresas e actividades relacionadas con películas de cinema, programas e series de televisión, documentais, anuncios publicitarios e reportaxes fotográficas que se queiran rodar nesta provincia.
Localizacións
Pontevedra posúe importantes espazos e recursos naturais, patrimoniais e históricos que poden resultar localizacións e escenarios idóneos para a industria audiovisual. Ademais, posúe un microclima suave con respecto ao resto de Galicia e do norte peninsular que permite gozar dos espazos exteriores a maior parte do ano.
Ademais, conta cun gran número e variedade de establecementos hostaleiros, de aloxamento e de restauración. Atópase moi ben conectada por terra, aire e mar, a través do tren de alta velocidade que a une con Madrid, tres aeroportos (Vigo, Santiago de Compostela e O Porto) e o porto de Vigo.
Funcións
• Servizos de asistencia na produción e facilitación xeral da rodaxe.
• Asistencia e asesoramento na procura de localizacións.
• Colaboración para o desenvolvemento das rodaxes con entidades públicas e privadas. Intermediación con institucións de carácter público ou privado.
• Creación dunha estrutura local e de colaboración municipal permanente, capaz de facilitar o traballo audiovisual de produtoras e produtores e creadoras e creadores.
• Proporcionar orientación, asesoramento, información e apoio nas xestións e tramitacións necesarias para desenvolver proxectos de rodaxe audiovisual en coordinación con outras administracións municipais, autonómicas e nacionais para a tramitación dos permisos, autorizacións e documentación necesarios para realizar as rodaxes.
• Apoio ás empresas de produción audiovisual que desexen rodar na provincia de Pontevedra actuando como ligazón con produtoras, empresas de servizos para a produción, empresas auxiliares e profesionais do sector audiovisual.
• Soporte ao sector audiovisual local e ás empresas da provincia de Pontevedra relacionadas con estes servizos ofrecendo información sobre empresas e profesionais locais do sector, facilitando as relacións das produtoras coas devanditas empresas, profesionais, servizos e instalacións da industria audiovisual da provincia e proporcionando asesoramento e información nese ámbito.
• Apoio promocional e de difusión en medios.
• Accións promocionais nacionais e internacionais en colaboración coa Spain Film Commission.
• Promoción da cultura audiovisual entre a cidadanía, co obxectivo de posicionar a provincia de Pontevedra como destino cinematográfico.
Accións da Deputación
Premios Mulleres no Foco para poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual.
Pontevedra Plató de Cinema. Patrocinios con entidades privadas do sector.
Escola de Igualdade María Vinyals. Xornada "Produtora Executiva e Directora. Elección ou necesidade?". Data: 27/04/2022. CARTEL.
Axudas
Convocatoria Pontevedra Plató de Cinema 2022.
BOE: extracto da Resolución de 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2022.
O obxecto destas axudas é a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se realicen durante o ano 2022 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cine español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.
As beneficiarias son as comunidades autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de corporacións locais e organismos e entidades delas dependentes e persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, de 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.
As bases reguladoras están recollidas na Orde CUD/888/2021, de 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, de 28 de decembro, do cine:
O importe total desta convocatoria para o ano 2022 ascende á cantidade de 1.353.900 euros e a contía individual non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables e o importe máximo da axuda será de 150.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado (23 de maio de 2022).
En relación con esta convocatoria podedes atopar toda a información dispoñible e os formularios descargables na seguinte ligazón do Ministerio de Cultura e Deporte:
Tal e como sinala o artigo 6.2.e) das bases reguladoras destas axudas, inclúese a posibilidade de que o IVE sexa subvencionable cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.
Comisións audiovisuais municipais
Pontevedra Film Comission
Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
36002-Pontevedra-Spain
Teléfono:+34 986 100 185 ext 7465
Mail: mlopez@pontevedra.eu
Web: http://www.pontevedrafilmcommission.com
Vigo Film Office
Fundación Vigo Convention Bureau (Avenida de Beiramar, 57)
36202 Vigo
Teléfono: 986.487.118
Mail: info@vigocb.org/ comunicacion@vigocb.org
Vigo Film Office
Web: www.vigofilmoffice.com
Noticias sobre rodaxes
A serie 'Un asunto privado', rodada en Vigo, nominada á Sección Oficial do Festival de Televisión de Monte-Carlo (Faro de Vigo)
O Balneario de Mondariz, estudio de cinema para a rodaxe da película sobre Emilia Pardo Bazán (Metropolitano)
TVG estrea o vindeiro mércores en televisión a película “María Solinha”, rodada nas Rías Baixas (Faro de Vigo)
Forcarei acolle a rodaxe dunha película para Netflix (La Voz de Galicia)
Netflix convirte as rúas de Vigo nun plató dos anos 50 (elespanol.com)
Pontevedra, set de rodaxe para a historia de Ramona (Faro de Vigo)
Alfonso Zarauza retratará a alma da cidade de Pontevedra (La Voz de Galicia)
Contacto
Turismo Rías Baixas
Palacete de las Mendoza, Plaza de Santa María s/n
36071-Pontevedra-Spain
Teléfono: 886 211 720
Mail: info.riasbaixas@depo.es