Monte de O Facho
O Monte do Facho está a unha altitude de 184 metros sobre o nivel do mar, situada en plena Costa da Vela.
As intervencións arqueolóxicas constatan que a primeira ocupación humana remóntase á Idade de Bronce (século IX a.C.). a partir do século IV a.C. xorde un castro santuario que subsistiu ata o século I a.C. e do que aínda se conservan restos das edificacións.
Entre os séculos III e IV d.C. erguiron un santuario galaico-romano para acoller antigas crenzas, e no século XVII construíron un posto de vixilancia de carácter militar no cume do monte.
Monte de O Facho acolleu ao longo dos séculos diferentes expresións da vida, e que forman parte da historia de Galicia. Desde a cima do monte ten unhas magnificas vistas panorámicas das Illas Cíes, os acantilados e das rías
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna terrestre autóctona Fauna: gaivota patiamarela, gaivota escura, corvo mariño grande, corvo mariño cristado e falcón peregrino. Flora: toxos, fentos, xestas e eucaliptos- Descrición do ámbito: Con vistas panorámicas
- Interés Paisajístico: Elevado
- Organismo responsable: Concello de Cangas
Figuras de protección
- Figura de Protección: LIC