Fortaleza de Castrizán
A Fortaleza de Castrizán foi construída entre agosto e setembro do ano 1477 polo arcebispo compostelán Alonso de Fonseca II co obxectivo de vixiar o acceso dende o sur, reforzar o entorno da Pontesampaio e ser freo para a fortaleza de Soutomaior, casa principal do conde de Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior.
Construída con pedra do monte do Viso, trátase dunha fortaleza adaptada perfectamente á súa función. En primeiro lugar polo emprazamento, de vista privilexiada e dominio das vías de comunicación e da contorna, e en segundo lugar, pola súa morfoloxía, con sistemas defensivos coma unha recia muralla, almeas, unha barbacá para protección do acceso principal e a torre da homenaxe non incardinada nun muro senón exenta e no centro do recinto. Tiña tamén dous accesos e estruturas intramuros. Na contorna localizáronse tamén os vestixios da antiga torre da casa, no centro do enclave, baixo a igrexa, ocupando unha posición preeminente.
A fortaleza foi derrubada polo conde de Caminha quen, logo da súa estadía en prisión castelá, remata con Castrizán, en 1478/9, con don Álvaro de Varcea, veterano aliado do arcebispo compostelán, defendendo a fortaleza e atrincheirándose na torre da homenaxe ata que, atacada esta nun dos seu ángulos, comezou a abanear, véndose obrigados a renderse.
Parte da pedra alimentou construcións do Viso e de Redondela, e outra reutilizouse na construción da ermida de Nosa Señora de As Neves da Peneda, xa en época moderna, e baixo a cal os vestixios de Castrizán son aínda visibles
Características
- Propiedad: Pública
- Estilo Arquitectónico: Medievo
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Montañoso