#AgasallaRíasBaixas
Buscador

Regala enoturismo

Sorprende a esas persoas especiais da túa vida cun agasallo excepcional e de gran significado: unha visita a unha adega das Rías Baixas nalgunha das cinco subzonas da Denominación de Orixe; contemplar e percorrer os seus viñedos, coñecer como se elabora o viño, catalo e finalizar a experiencia en calquera dos establecementos hosteleiros asociados a esta magnífica ruta, un referente de alcance internacional, é sempre un acerto.

A continuación expoñemos ideas para regalar enoturismo e quedar como unha ou un prestixioso catador. Adegas e establecementos asociados á Ruta do Viño Rías Baixas ofrecen este Nadal excelentes promocións que te seducirán. Elixe a túa e goza dunhas festas inesquecibles.

Adega Pazo Pondal (Arbo): esta adega ofrece unha experiencia que consiste nun paseo polos viñedos en kartcross ou jeep e a posterior visita á adega, onde poderás coñecer o proceso de elaboración dos seus caldos e finalizar cunha cata de dous viños e unha pequena degustación de petiscos. Contacto: 986 665 551 / info@pazopondal.com

Adegas Terra de Asorei (Meis): sendeirismo e viño únense nesta experiencia, na que tras unha explicación na adega realízase a Ruta da Pedra e da Auga para regresar e coñecer as instalacións, participar nunha cata e degustar uns petiscos. Contacto: 986 680 868 / info@terradeasorei.com

Adegas Terras Gauda (O Rosal): un percorrido polos viñedos de Terras Gauda en 4x4 con parada na adega, onde descubrirás os segredos do proceso de elaboración dos seus viños. Para finalizar, unha cata comentada de tres viños con aperitivo e unha botella de viño de agasallo. Contacto: 986 621 045 / enoturismo@terrasgauda.com

Novavila Rías Baixas (Meis): descanso, gastronomía e enoturismo únense nesta experiencia que consta dunha estancia dunha noite para dúas persoas con almorzo, cea con menú elaborado a partir de produtos locais e degustación de viños D. O. Rías Baixas. Ademais, levarás como obsequio unha vela aromática elaborada a partir dos seus viños albariño. Contacto: 609 111 023 / info@novavilariasbaixas.com

Enoturismo
Enoturismo

Mar de Frades (Meis): unha experiencia única que marida a cociña de fusión cos praceres do seu albariño atlántico. Visita o viñedo Leira Valiñas, situado nun alto fronte ao mar, e goza do percorrido guiado pola adega. Ao finalizar, unha maridaxe dos seus viños cunha proposta gastronómica deseñada polos chefs de Arzábal. Contacto: 986 680 911 / 637 479 469 / info.mardefrades@zamoracompany.com

Aldea Bordóns (Sanxenxo): goza do Salnés nesta casa rural con dúas noites de aloxamento con almorzo e unha cea incluída. Ademais, unha visita a Adega Eidos, onde poderás coñecer o proceso de elaboración do viño e degustalo! Contacto: 619 618 481 / info@aldeabordons.es

Adegas Palacio de Fefiñanes (Cambados): na capital do albariño poderás gozar dunha exclusiva vista ás Adegas Palacio de Fefiñanes acompañada dunha degustación do seu albariño nas súas tres versións. Para completar a xornada, un xantar no Parador de Cambados, onde a tradición e a calidade dos produtos da nosa terra estarán presentes en todos os pratos, acompañadas do albariño Fefiñanes. Contacto: 986 542 204 / fefinanes@fefinanes.com

Adega e viñedos Paco & Lola (Meaño): se che gusta cociñar esta é a túa experiencia, que une un taller de cociña galega en Quinta de San Amaro, onde degustarás os pratos preparados ao momento, e unha visita á adega Paco & Lola con degustación. Contacto: 986 747 779 / enoturismo@pacolola.com

Adega Lagar de Besada (Meaño): comparte unha experiencia sensorial e relaxante para dous, que inclúe a visita guiada á adega con cata comentada de 4 viños acompañada dun aperitivo gourmet, máis un circuíto spa no Hotel Talaso Louxo La Toja 4*. Contacto: 986 747 473 / info@lagardebesada.com

Enoturismo
Enoturismo

Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia): coñece o xardín botánico do Pazo Quinteiro da Cruz, onde gozarás dunha experiencia sensorial cos aromas, texturas, sabores e cores das camelias e do albariño de Quinteiro da Cruz. Contacto: 619 110 806 / info@pazoquinteirodacruz.es

Adega Martín Códax (Cambados): convida a túa familia e amigos á visita guiada á adega para coñecer o proceso de elaboración dun albariño e a experiencia sensorial olfativa, degustando tres viños e tres queixos galegos. Contacto: 986 526 060 / enoturismo@martincodax.com

Adega Gil Armada (Cambados): coñece As Rías Baixas a través da tradición. Visitarás o interior do pazo de Fefiñáns, os históricos viñedos e o seu bosque, cunha cata do albariño Gil Armada. Para finalizar, achegarédesvos a coñecer o oficio do marisqueo en Cambados, man a man coas mariscadoras. Contacto: 660 078 252 / gilarmada@pazodefefinans.com

Pazo de Rubianes (Vilagarcía de Arousa): pasear polo seu Xardín de Excelencia internacional, coñecer os seus viñedos, entrar na casa señorial do s.XVIII… E, por suposto, acabar cunha degustación del vino albariño Pazo de Rubianes maridado con conservas Los Peperetes. Sen lugar a dúbida unha experiencia única! Contacto: 619 261 847 / info@pazoderubianes.com

Adega Señorío de Rubiós (As Neves): non hai mellor forma de coñecer O Condado que cunha ruta de sendeirismo, onde unha ou un guía irá descubrindo os segredos desta zona. Para finalizar, á chegada á adega, unha visita guiada con degustación final. Contacto: 986 667 212 / info@srubios.com

Enoturismo
Enoturismo

Adegas La Val (Salvaterra de Miño): realizarás unha visita moi completa aos viñedos e á adega, coa degustación dos seus cinco viños e un variado aperitivo. A continuación, unha comida na adega maridada cos viños elixidos. Ademais, se realizas esta experiencia entre semana poderás realizar unha poda nos viñedos. Requírense un mínimo de 10 persoas. Contacto: 670 910 284 / 986 610 728 / ana@bodegaslaval.com

Adegas Granbazán (Vilanova de Arousa): unha visita enogastronómica que comeza coa visita aos viñedos e á adega, cata comentada de tres viños e tapa gourmet. A continuación, espérante na Quinta de San Amaro para un obradoiro e unha comida maridada cos albariños Granbazán. Contacto: 986 555 562 / 619 118 381 / enoturismo@agrodebazan.com / eventos@agrodebazan.com

Pazo Baión (Vilanova de Arousa): 30 hectáreas de superficie que te mergullarán no mundo da enoloxía cunha visita ao pazo e unha cata maridaxe de catro albariños das adegas Pazo Baión e Condes de Albarei, acompañados de produtos locais. Contacto: 636 800 234 / enoturismo@pazobaion.com

Hotel Talaso Louxo La Toja (O Grove): gastronomía e relaxación van da man nas experiencias que nos ofrece este establecemento. A primeira, o menú Vino y Mar, onde o albariño e os produtos locais se unen en sintonía, para finalizar cun tratamento de viñoterapia Wine & Relax, que relaxa corpo e mente. A segunda, unha estancia dunha noite para dúas persoas, unha comida ou cea Vino e Mar e unha sesión de talasoterapia con tratamento Wine & Relax. Contacto: 986 730 200 / reservas@louxolatoja.com

Na páxina web da Ruta do Viño Rías Baixas podedes consultar o prezo das experiencias ou contactar directamente co establecemento elixido e especificar o bono que desexades regalar.

Rías Baixas ten moitos aromas! Con cal quedas?

Enoturismo
Enoturismo