Unha viaxe polo nadal
Buscador

Unha viaxe ao nadal

Os mestres vidreiros de Turinxia (Alemaña) iniciaron hai máis de dous séculos a fabricación de figuras de Nadal con técnicas artesanais que perduraron no tempo e se estenderon a outros países centroeuropeos. As clásicas bólas de adobío deron paso a todo tipo de motivos elaborados con gran minuciosidade e coa imaxinación como único límite.

A exposición “Unha viaxe ao nadal” sitúa as orixinais figuras reunidas na Colección ViCo, procedentes de fábricas de Alemaña, República Checa, Polonia e Austria, na contorna da provincia de Pontevedra.

A variedade e a beleza destas figuras teñen o seu marco perfecto nos bosques e ríos máxicos das Rías Baixas, nas costas que sucaban os piratas en busca de formidables botíns, históricas prazas, fascinantes illas, encantadoras vilas termais, mosteiros de lenda, monumentais castelos, pazos emblemáticos e maxestosas torres.

As figuras e a contorna contan historias; historias dunha provincia con espléndidas paisaxes, unha cultura milenaria e un patrimonio único. Convidámoste a facer esta evocadora viaxe de Nadal pola provincia de Pontevedra.

Ven gozar das Rías Baixas!

Unha viaxe ao nadal
Unha viaxe ao nadal