Unha viaxe polo nadal
Buscador

Castelo de Soutomaior

Os ecos de grandes batallas resoan nos muros do castelo de Soutomaior, desde o que señoreou as súas terras Pedro Madruga, nobre cunha azarosa vida que reconstruíu a fortaleza derruída durante as revoltas Irmandiñas.

Desde alí este nobre dominou a provincia e o norte de Portugal e xogou un importante papel na Guerra de Sucesión pola Coroa de Castela, na que foi partidario de Xoana de Trastámara, quen finalmente perdería o seu dereito ao trono fronte a Isabel a Católica.

A maxestosa fortaleza alternou períodos de esplendor e declive na súa longa historia. Tras as súas pedras naceu a escritora María Vinyals nas últimas décadas do século XIX, cando os marqueses de la Vega de Armijo transformaron o recinto en palacio neogótico, no que destaca a galería de damas. Di a lenda que por alí vaga unha pantasma que se coñece coma O Alemanote.

O espectro, de orixe xermano, fora titor do sobriño dun propietario anterior do castelo segundo o relato de María Vinyals. Nos seus sotos inventara unha poderosa arma química que decantaría a vitoria cara a Alemaña na I Guerra Mundial. Non obstante, un día saíu pasear dacabalo e morreu tras sufrir unha violenta caída. Cumprindo os seus desexos un invitado da escritora destruiría o laboratorio.

Castillo de SoutomaiorPantasma, Christopher Radko, USA