Unha viaxe polo nadal
Buscador

Pazo de Liñares, Lalín

Un pazo fundado no século XVII por Álvaro Núñez Taboada érguese solemne en Prado (Lalín). Alí, a finais do século XIX, viría ao mundo Joaquín Loriga, un aviador insigne, ilustre veciño da vila de Deza, militar e aventureiro que voou de Madrid a Manila en 33 días.

Loriga, nacido en 1895, foi bautizado nunha antesala desta casa convertida hoxe no Espazo Liñares. Da tradición, á arte e á vangarda. O centenario pazo transformouse nun edificio cultural no que teñen cabida desde o Museo Galego da Marioneta, un templo para as e os afeccionadas aos monicreques, ata o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico, vinculado ao Museo de Pontevedra.

O antigo salón nobre é escenario de actuacións musicais, teatrais, recitais e conferencias, ademais as novas salas acollen exposicións temporais. Un exemplo perfecto de respecto á historia e adaptación aos novos tempos.

Liñares é un lugar para pasear, gozar da arte e trasladarse a unha Galicia doutra época. Evoca a súa nobreza nun percorrido polo xardín e respira a historia desde a súa gran balconada, á que tantas veces se asomaría Loriga antes do seu fito aéreo.

Pazo de LiñaresPaloma carteira, Renifer, Polonia