Fiestas en Rías Baixas

Xornadas informativas do Plan de Calidade do Sicted

Calendario para a presentación do proxecto nos concellos da provincia
Logo SICTED

Turismo Rías Baixas comprácese en trasladarlle a invitación á presentación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas, que terá lugar entre o 15 de febreiro e o 1 de marzo en sete concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.

A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora desa competitividade nas entidades do sector turístico, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua.

A asistencia será presencial ata completar as prazas en todas as convocatorias. Na cita de Pontevedra poderá seguirse tamén 'on line' a través da ferramenta Zoom. Só no caso de que desexe participar na xornada desta forma telemática será preciso cubrir e enviar o formulario que aparece máis abaixo.

Por todo iso, animámoslle a que coñeza e participe nesta iniciativa e confiamos en que poida ser proveitoso para o seu negocio.

Vigo (15 de febreiro)

Lugar: Sede da Deputación en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17).

Hora: 11.00h.

Modalidade: Presencial.

Pontevedra (15 de febreiro)

Lugar: Palacete das Mendoza (Praza de Santa María s/n).

Hora: 16.30h.

Modalidade: Presencial e telemática. En caso de optar pola asistencia telemática é imprescindible cubrir e enviar o formulario situado debaixo do calendario.

NOTAS IMPORTANTES PARA A ASISTENCIA "ON LINE" EN DIRECTO:
1.- A reunión celebrarase de modo telemático empregando a plataforma Zoom. O enlace á reunión enviarase unha vez confirmada a participación. 
2.- Para  asegurarnos dunha correcta organización e conexión de tódolos participantes, deberase ingresar na reunión con quince minutos de antelación.
3.- É imprescindible identificarse únicamente co nome da empresa, seguido da persoa participante, isto é: “empresa-nome participante”.
4.- Cada participante, por defecto, terá o micrófono silenciado ao entrar á sala, se desexa facer algunha pregunta, deberá enviar unha mensaxe privada ó moderador da Deputación de Pontevedra, que terá o nome de “Deputación Pontevedra – chat”
5.- Cando dispoña da quenda de palabra, agarde a que se lle active o micrófono para comezar a falar, nunca antes.
6.- Para calquera outra dúbida ao respecto, por favor contacten co centro de atención ás persoas usuarias da Deputación (886210210).

O Grove (16 de febreiro)

Lugar: Sala das Cunchas, planta baixa da Casa do Concello (Praza do Corgo, 1).

Hora: 11.00h.

Modalidade: Presencial.

Vilagarcía de Arousa (16 de febreiro)

Lugar: Sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía (Praza da Segunda República, Avenida da Mariña, 23).

Hora: 16.30h.

Modalidade: Presencial.

Redondela (28 de febreiro)

Lugar: Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños, 2).

Hora: 11.00h.

Modalidade: Presencial.

Nigrán (28 de febreiro)

Lugar: Auditorio de Nigrán (Avenida de Castelao, 2)..

Hora: 16.30h.

Modalidade: Presencial.

Poio (1 de marzo)

Lugar: Casal de Ferreirós (Avenida Andurique, 43).

Hora: 11.00h.

Modalidade: Presencial.

Formulario de inscripción