Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Turismo entregará en las oficinas de la provincia un mapa de Fiestas de Interés Turístico

Turismo entregará nas oficinas da provincia un mapa de Festas de Interese Turístico

Inclúe a localización, datas e tipo de evento e xa está dispoñible na web de Turismo

Fiestas Rías Baixas

O deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, anunciou a próxima entrega nas oficinas de Turismo da provincia dun novo material da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas sobre as Festas de Interese Turístico da provincia de Pontevedra . Trátase dun folleto cun mapa dos 27 eventos destas características que terán lugar de aquí a novembro e que está xa dispoñible na web de Turismo Rías Baixas .

O obxectivo do mapa é orientar ás e os visitantes para que planifiquen a súa visita a cada unha das festas. A publicación informa dos concellos nos que se celebran e as datas nas que terán lugar . Detalla ademais a súa tipoloxía, clasificándoas en enogastronómicas, históricas, culturais, relixiosas e deportivas , e tamén inclúe unha descrición máis ampla das 5 maiores citas.

Entre elas figuran tres das cinco festas de Interese Internacional: Rapa das Bestas, Festa do Albariño e Romaría Viquinga de Catoira , xa que as outras dúas (a Arribada de Baiona e o Corpus de Ponteareas) celebráronse en marzo e xuño respectivamente. Inclúense así mesmo as dúas de Interese Turístico Nacional que teñen lugar no verán: a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa e a Festa do Marisco do Grove . Anteriormente tiveron lugar a Feira do Cocido de Lalín e a Festa da Lamprea de Arbo.