Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Visitas guiadas sobre la camelia al Castillo de Soutomaior

Visitas guiadas ao castelo de Soutomaior e ao seu Xardín de Excelencia Internacional en Camelia

Todos os martes e xoves de febreiro e de marzo ás 12:00 e ás 16:00 horas

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o martes 4 de febreiro as visitas guiadas ao castelo de Soutomaior e ao seu Xardín de Excelencia Internacional durante a etapa de floración da camelia. Todos os martes e xoves poderase realizar un percorrido con persoal especialista ás 12:00 e ás 16:00 horas. Os grupos serán de 25 prazas e as entradas poderanse reservar na páxina web da fortaleza.

Esta iniciativa terá lugar durante os meses de febreiro e de marzo, e grazas ás indicacións da persoa que guía a visita as e os participantes poderán coñecer a historia desta flor chegada de Oriente hai tres séculos, así como as múltiples variedades que iluminan durante o inverno e a primavera os parques e os xardíns de toda a provincia.

A visita das doce céntrase en exclusiva nos xardíns e no seu medio milleiro de exemplares de camelia. A súa duración aproximada é dunha hora, mentres que a da tarde inclúe un percorrido interior polo castelo e se prolonga durante uns 90 minutos.