Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Viaja al medievo en As Rías Baixas con la Feira Franca en Pontevedra

Viaxa ao medievo nas Rías Baixas coa Feira Franca en Pontevedra

A capital da provincia de Pontevedra celebrará este fin de semana a súa feira medieval de Interese Turístico de Galicia

Feira Franca, fiesta medieval en Pontevedra

Este fin de semana, os días 31 de agosto e o 1 de setembro, a cidade de Pontevedra fará unha viaxe no tempo ata a época medieval coa XIX Feira Franca, declarada festa de Interese Turístico de Galicia no 2013, e unha das festas de época máis importantes das Rías Baixas. Esta celebración conmemora un feito que aconteceu no ano 1467, cando o rei Enrique IV concedeu ás e aos cidadáns o privilexio de poder celebrar durante un mes un mercado libre de impostos.

A localidade de Pontevedra enfrascarase de cheo no medievo durante dous días de festexos nos que mestres artesáns, ferreiros, carpinteiros, redeiras, palilleiras ou músicos discorrerán polas engalanadas rúas e prazas máis emblemáticas da localidade do río Lérez. Esta celebración, para a que as e os cidadáns e visitantes preparan as súas vestimentas e organizan banquetes medievais, presenta unha programación con todo tipo de actividades.

As rúas da cidade ofrecerán diversas representacións, como a do transporte do viño, recreacións de oficios, exhibicións de disciplinas de caza, deportes ou danzas , todo un abanico de posibilidades que inclúe tamén actividades infantís con xogos medievais, lendas ou as atraccións máis tradicionais. A inauguración da festa será este venres ás 19:00 horas, coa chegada a cabalo dos pregoeiros ao centro histórico anunciando a nova edición da Feira Franca, e máis tarde, ás 22:30 horas concretamente, terá lugar o espectáculo “As Portas do Lérez” na praza da Ferrería.

Torneo medieval, recreación do transporte do viño e moito máis

Feira Franca, fiesta medieval en Pontevedra

O sábado, o programa da Feira Franca deste 2018, presenta múltiples actividades lúdicas infestadas de historia, que van desde a representación do transporte do viño ou o torneo medieval, ata espectáculos en Montero Ríos de cetrería, tiro con arco, exhibicións de música medieval, tamén con pasacalles, e danza ou esgrima. Esta última, con exhibicións noutras prazas como a Ferrería ou a Verdura. Miles de persoas, acoden a esta celebración vestidas de época, e forman parte deste espectáculo medieval, tornándose en protagonistas polas rúas e prazas decoradas con banderíns, escudos e outros motivos.

O transporte do viño, un dos pratos fortes, levarase a cabo a partir das 12:00 horas polo centro histórico da cidade, unha recreación que percorrerá as rúas de Santa clara, Sarmiento, Pasantería, e finalmente as prazas da Ferrería e a Peregrina. Outra das citas máis destacadas é o Torneo Medieval, que reúne tanto a público infantil, como adulto, un espectáculo feito a medida para poder gozar en familia e perfecto para gozar con amigos. Esta representación, celebrada na praza de touros, ofrecerá dúas sesións gratuítas ás 17:30 horas e ás 20:00 horas.

Actividades infantís e comercio local do medievo

Feira Franca, fiesta medieval en Pontevedra

A diversión para as e os pequenos da casa está asegurada, xa que haberá todo tipo de actividades infantís en distintos recunchos da localidade. A partir das 11:00 horas, nos soportais da praza da Pedreira, terán lugar os obradoiros infantís, como o de encaixe de escarvadentes. As lendas medievais encherán de maxia esa mesma praza cos Quinquilláns, que ofrecerán dous espectáculos, un ás 13:00 horas e outro ás 19:00 horas. Ademais, haberá un circuíto de xogos pola mañá e pola tarde. Na praza de España atraccións medievais durante todo o día e campamento medieval a partir das 12:00 horas.

O comercio invadirá as rúas da cidade cos mercados de alimentación, na Alameda, nos soportais da praza da Ferrería, en Pasantería e a praza de Curros Enríquez, e o mercado de artesanía na avenida de Santa María. A demostración de oficios e obradoiros do medievo desenvolverase na praza da Ferrería e a praza Peirao, onde as e os viandantes poderán aprender distintas profesións como a das texedoras de liño, as palilleiras, as redeiras, os carpinteiros, ferreiros, canteiros ou o curtidor de peles, entre outras disciplinas.

Etiquetas: portada