Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Visitas guiadas gratuitas al Monte Santa Trega, el tesoro de A Guarda

Visitas guiadas gratuítas ao Monte Santa Trega, o tesouro da Guarda

Todos os sábados e domingos do mes de setembro poderanse realizar dúas rutas diferentes por este xacemento arqueolóxico da provincia de Pontevedra

Turismo ornitológico en Pontevedra, Rías Baixas

Dar a coñecer o valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico do Monte Santa Trega é o obxectivo das visitas guiadas que organiza todos os sábados e domingos do mes de setembro, salvo o día 23, o Servizo de Turismo do concello da Guarda. Dous percorridos distintos, por toda a contorna ou centrándose exclusivamente no xacemento arqueolóxico do castro, son as alternativas para unha proposta turística gratuíta que durante os meses de xullo e agosto congregou a máis de 1.400 persoas de todo tipo de nacionalidades.

Todos os fins de semana de setembro, coa excepción do domingo 23, data de celebración da Romaría de Santa Trega, as e os interesados poderán coñecer a impresionante contorna do Monte Santa Trega acompañados das e os guías , que axudarán a descubrir en detalle este tesouro da provincia de Pontevedra. Estas rutas prodúcense tras o éxito cultivado polas celebradas durante os meses de xullo e agosto, nos que máis de 1.400 visitantes víronse atraídas e atraídos polo interese patrimonial desta contorna e as súas impresionantes vistas panorámicas.

As visitas ás 12:30 e ás 17:00 percorrerán o MASAT, a ermida e o Castro, mentres que ás 11:30 centraranse no xacemento arqueolóxico

Para coñecer o Monte Santa Trega máis en detalle organízanse dúas saídas ás 12:30 e ás 17:00 horas desde o Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), visitas nas que as e os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e a ermida de Santa Trega, para despois percorrer o carreiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega, cunha duración total de 90 minutos. Ademais ofrécese outra ruta todos os sábados e domingos ás 11:30, exclusivamente centrada na riqueza arqueolóxica do poboado castrexo-romano, con 30 minutos de duración.

Todas e todos aqueles interesados en participar deberán estar nos puntos de encontro á hora sinalada para o inicio da visita. Aínda que as visitas son gratuítas, deberán abonar a taxa de acceso ao Monte Santa Trega, de 1 € para persoas adultas e de 0,50 € para as e os menores de 14 anos. No caso de querer realizar o percorrido en gruposde máis de 10 persoas recoméndase reservar visita contactando co Museo Arqueolóxico de Santa Trega no teléfono 986 610 504.