Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Las Rías Baixas alcanzan el 87% de ocupación hotelera en agosto

As Rías Baixas alcanzan o 87 % de ocupación hostaleira en agosto

O castelo de Soutomaior dispara as súas visitas tras a musealización, e o Camiño de Santiago mantense á alza con 15.575 persoas nas rutas pola provincia de Pontevedra

La Presidenta de la Deputación de Pontevedra presenta los datos de turismo de agosto 2018

O destino Rías Baixas pechou un mes de agosto espectacular para o sector turístico a todos os niveis. A ocupación hostaleira alcanzou o 87 % no conxunto da provincia de Pontevedra, mentres que o Camiño de Santiago, un dos grandes reclamos do territorio, segue cotizando á alza e o castelo de Soutomaior estreou a súa nova etapa ao grande: o mes pasado pasaron por alí 6.278 persoas, un 26 % máis que no mesmo período de 2017. Desde o 12 de maio, cando a fortaleza reabriu as súas portas, cruzaron a ponte levadiza máis de 19.000 visitantes, o que representa un salto do 104 % nun ano.

“Esta ocupación turística nas Rías Baixas permítenos falar dun verán de récord e consolida a provincia de Pontevedra como un grande referente turístico”, destacou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ao debullar os datos. Por comarcas, O Salnés alcanzou o 91 % de ocupación hostaleira; Pontevedra rozou o 90 %; O Morrazo chegou ao 92,7 %; Caldas de Reis ao 93 %; Vigo ao 92 %; O Baixo Miño ao 84 %;O Condado-A Paradanta ao 76,5 %; e Deza-Tabeirós ao 76 %.

Ademais, os aloxamentos de turismo rural alcanzaron o 82 % de ocupación, mentres que as vivendas turísticas, das que se ofrecen datos por primeira vez este verán, rexistraron un 92 %. Concellos como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Bueu, Vigo e Silleda rozaron o 100 %. En canto aos cámpings houbo un 85 % de prazas cubertas.

O Camiño de Santiago mostrou excelentes resultados en todas as súas vías. Destaca o Portugués tradicional, o segundo máis transitado de todas as rutas que conducen a Compostela, con 11.657 persoas en agosto. Máis rechamante é o crecemento no itinerario luso pola Costa, que percorreron 2.290 peregrinas e peregrinos, un 45 % máis que en 2017. Así mesmo, a Vía da Prata experimentou un aumento do 6,5 %, con 1.568 persoas con destino a Santiago.

Persoas de nacionalidade portuguesa, italiana e británica achegan os maiores continxentes de turistas estranxeiras e estranxeiros, mentres que entre as e os españois destacan cidadás e cidadáns de Madrid, de Cataluña, de Valencia e do País Vasco

Oito de cada dez turistas que recalaron o mes pasado en As Rías Baixas, concretamente o 81 %, proceden doutras cidades e provincias do Estado, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla e Vitoria. Entre o continxente das persoas viaxeiras estranxeiras que elixiron As Rías Baixas destacan por número as e os oriúndos de Portugal, Italia, Reino Unido, Alemaña e Arxentina. Un recente estudo do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelou que no primeiro semestre do ano elevouse un 11 % a porcentaxe de persoas turistas doutros países na provincia de Pontevedra.

Praia, cultura e lecer

Ademais, o 55 % das viaxeiras e viaxeiros ten entre 35 e 60 anos e alóxase en hoteis cunha estancia media de sete a 15 días. Os motivos da súa visita son os tradicionais: sol e praia no verán, pero tamén cultura (35 %) e lecer (31 %). O 58 % non coñecía o destino. “Seguimos tendo uns datos moi relevantes e positivos”, apostilou Carmela Silva.

Etiquetas: portada