Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - El destino Rías Baixas pone en marcha un proyecto puntero en la gestión turística con nuevas tecnologías

O destino Rías Baixas pon en marcha un proxecto punteiro na xestión turística con novas tecnoloxías

“Tourist inside Rías Baixas”, cun investimento de 1,9 millóns de euros e o apoio do Ministerio de Economía, transformará o sector con servizos e ferramentas TIC”

Carmela Silva, presenta proyecto de turismo y nuevas tecnologías para las Rías Baixas

O destino Rías Baixas avanza con paso firme cara ao novo contexto dixital mundial, que supón un desafío e ao tempo unha grande oportunidade para o sector turístico.

A Deputación de Pontevedra acaba de recibir a aprobación do Ministerio de Economía ao seu proxecto Tourist Inside Rías Baixas, unha iniciativa punteira que aposta a fondo polas novas tecnoloxías para dar un salto de calidade máis e adaptarse ás demandas e hábitos das e os viaxeiros no século XXI, así como ás necesidades dos axentes turísticos. O programa conta cun investimento de 1,9 millóns de euros e no orzamento de 2019 da Deputación incluiranse xa partidas para levalo á práctica.

“Imos ser unha provincia de referencia na aplicación de novas tecnoloxías ao sector turístico”, explicou esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao dar conta do visto e prace do Ministerio de Economía. Tourist Inside Rías Baixas potenciará as ferramentas dixitais actuais, ademais de crear outras, avanzar na interoperabilidade entre os axentes do sector e recompilar e analizar información extraída de diferentes ámbitos para mellorar a xestión.

O proxecto foi presentado a comezos de ano a RED.ES e está contemplado no Plan estratéxico de turismo aprobado pola Deputación de Pontevedra en decembro de 2017. “Demostramos que cando se actúa con rigor e hai boa planificación obtéñense resultados. Seguimos adiante co noso modelo de turismo innovador, sustentable e de excelencia”, apuntou a presidenta da institución provincial.

Os grandes bloques de Tourist Rías Baixas son:

  • Transformación dixital das oficinas de Turismo Rías Baixas coa implantación de mesas interactivas, servizos multimedia e a creación de puntos informativos virtuais.
  • Implantación de servizos dirixidos ás e aos turistas con aplicación móbil e unha forte aposta polo márketing en liña e a optimización do portal web.
  • Dixitalización do territorio con Sinalización dixital para establecer un control de fluxos e comportamentos das e os turistas, protección do patrimonio histórico e paisaxístico e o control da sustentabilidade ambiental a fin de garantir un turismo sustentable e de excelencia.
  • Avaliación de ferramentas dirixidas ao sector empresarial coa posta en marcha dunha plataforma “open data” e a implantación dun cadro de mando integral que permita explotar datos en tempo real e compartilos co sector.
  • Implantación dunha plataforma de interoperabilidade para que tamén o sector poida manter viva e actualizada a información e optimizar a promoción dos diferentes produtos turísticos.

Mesa de Turismo

A Mesa de Turismo constituída con axentes públicos e privados do sector turístico da provincia reunirase en outubro, segundo avanzou Carmela Silva na súa comparecencia. “Alí darei conta deste proxecto e no orzamento da Deputación de Pontevedra para 2019 xa se reflectirán as partidas para iniciar as accións de Tourist Inside Rías Baixas”, expuxo.

Un dos retos principais do Plan estratéxico de turismo é a implantación dunha xestión intelixente no destino compartida e eficiente entre os diferentes axentes con competencias turísticas no territorio. “Con este proxecto e a implicación que sempre demostra o sector estou segura de que o conseguiremos”, apostilou.

Etiquetas: portada