Sierra de A Groba
A serra da Groba, que se estende ó longo da costa atlántica: Baiona, A Guarda, Oia e Tomiño, ofrece espléndidas paisaxes, que se poden apreciar desde os seus miradoiros, e recónditos lugares. Destacan as diferentes concentracións de gravados rupestres
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona Destaca o tritón ibérico (Triturus boscai); a píntega verde (Triturus marmoratus); o sapo de esporóns; o corredor; o sapiño; a ra común, verde, temporaria e de San Antón; o lagarto; o eslizón; a cobra; a víbora; a troita; e multitude de libélulas. Tamén podemos atopar mamíferos coma a londra. Hai amieiros nas ribeiras dos ríos e nas brañas Situado en Baiona, Oia, Tomiño e A Guarda Flora e fauna terrestre autóctona Acolle o maior número de cabalos de pura raza galega en liberdade, aproximadamente 2.500 reses; ademais de 1.000 vacas, xabararís, cabras e ovellas. Aquí tamén habitan ourizos, toupas, morcegos, coellos, lebres, leiróns, raposos e donicelas. Pódense contemplar aves coma o peto verdeal, o azor, o gabián, a rula, o paspallás, o miñato común ou o birrio. Hai piñeirais de repoboación. A primitiva vexetación arbórea foi relegada a pequenos enclaves, aínda que aínda se poden observar pequenas manchas de carballos e carballos negros, sobreiras, e, en menor número, bidueiros, érbedos e pereiras silvestres. A paisaxe está dominada polo monte baixo de breixo e toxo- Descrición do ámbito: Montañoso
- Interés Paisajístico: Elevado
Servizos
- Merendero: Sí
- Permitido el baño: Sí